mércores, 25 de outubro de 2017

Salve Iulia!

Imos coñecer a alguén que nos vai acompañar ao longo do curso. Coñecerémola a través de pequenos textos que debemos ir traducindo e nos que iremos chamando a atención sobre diversos detalles importantes a ter en conta para traducir mellor os textos latinos. Imos cos tres primeiros:

A orde habitual na oración latina é: Suxeito + complementos + verbo. Logo fixémonos no verbo en primeiro lugar para situar o suxeito e comezar a traducir coa nosa orde lóxica que é:
 Suxeito + verbo + complementos

 Fíxate no tempo verbal: vai distinguindo presente, pretérito, imperfecto ou futuro. Non todos os verbos están en presente de indicativo.

O capricho dos CC en latín unha herdanza do indoeuropeo: O caso ablativo é normalmente o dos Complementos Circunstanciais, pero tamén hai acusativos que funcionan como CC de dirección: Romam ire (ir cara a Roma)  in Italiam iter facere (facer o camiño cara a Italia) e  locativos, un resto da declinación indoeuropea que conserva desinencias propias como Romae ( en Roma), domi (na casa) que son un CC de lugar en onde.

IULIA ROMAE (I)

IULIA ROMAE (II)

IULIA ROMAE (III)

domingo, 8 de outubro de 2017

LECTIO SECUNDA: Salve declinationes!

 Agora que xa sabemos que o latín ten CONXUGACIÓNS de verbos imos descubrir as DECLINACIÓNS ou conxunto de desinencias que nos van indicar en substantivos, adxectivos e pronomes que tipo de función realizan. Botémoslle un ollo ao seguinte enlace:


HABEMUS CASUS



 Podes asentar os conceptos vistos en: Dos casos ás declinacións ou botándolle un ollo a o seguinte cadro: