luns, 12 de marzo de 2018

Feminismo en Roma?

Houbo un movemento feminista en Roma? Como era a vida da muller?

Despois de que xa reparamos no papel das mulleres no proceso da Fundación de Roma, é dicir, no período que Roma foi unha Monarquía ( Dido, Lavinia, Aca Larentia, as Sabinas, Lucrecia). Imos  analizar agora o rol feminino na Roma da República e o Imperio. Antes debemos lembrar algo que subliñabamos sobre a historia da antigüidade o curso pasado: O cambio da sociedade da gens á  sociedade dos servi, ou escravista, é proceso que en Roma se vai producir á altura do século II antes de Cristo coincidindo coas guerras Púnicas contra os Cartaxineses.

"BAIXO TUTELA DE POR VIDA"
Esta é a mellor forma de describir a situación da muller en Roma en poucas palabras. Lembremos que Roma ten un código de leis civís que servirá como base do dereito europeo onde a muller tiña un status claramente inferior ao home.

A cuestión do nome das mulleres fronte ao dos homes tamén é moi representativa.

A muller na antiga Roma 

Coñeceremos a mulleres como:

VIRGINIA, filla de Apio Claudio, un caso ben parecido ao de Lucrecia, a muller que acabou coa monarquía en Roma.
VETURIA
VOLUMNIA
CORNELIA, nai dos tribunos da plebe Tiberio e Sempronio Graco.
SEMPRONIA
MARCIA, esposa de Catón, do que se divorciou para casar con Hortensio.
CLODIA, amada por Catulo.
FULVIA

Un grupo de mulleres que coñecemos despois de mortas:
CLAUDIA
TURIA

As tres oradoras da época republicana:
AMAESIA SENTIA ou  (77 a.C.)

CAIA AFRANIA (60 a.C.)

HORTENSIA (42 a.C,)


Tamén será interesante saber algo da relación de certas mulleres con Iulius Caesar:
AURELIA, nai de César.

CALPURNIA, terceira esposa de César

CLEOPATRA, derradeira raíña do antigo Exipto e nai de Cesarión

CORNELIA, primeira esposa de César.

IULIA, filla de César con Cornelia.

POMPEIA, segunda esposa de César.

SERVILIA, unha das amantes de César

Deixaremos para unha segunda parte ás mulleres da época Imperial tras da morte de César como:
ACIA

OCTAVIA


Podes consultar algunha outra muller romana das que temos referencia en mulleres da antiga Roma.