luns, 17 de decembro de 2018

MENSIS DECEM


Xa sabes que os problemas do calendario teñen a súa orixe na diferenza existente entre o ano solar (365 d. 5 h. 48´ 46 ´´) e o ano lunar  (354 d. 8 h. 48´).

Os exipcio sseguína o calendario solar. Os musulmáns o lunar. Os gregos usaban un calendario lunisolar, é dicir, un ano lunar de 354 días , pero adaptado ao sol engadindo un mes 13 º para agardaren polo sol que se engadía a cada catro anos e deu orixe ás Olimpíadas.

Sabías que o ano romano comezaba en  marzo? 

Inicialmente os romanos tiñan un calendario lunar que comezaba en marzo, coa primavera, como podemos demostrar observando os nomes do derradeiro mes do noso calendario: DECEMBRO = DECEMBER en latín que significa o décimo mes.

Que significará November?  Logo que cres que significa October et September?

Claro teñen moito que ver cos números romanos novem, octo et septem. E aínda poderíamos engadir o nome de SextilisQuintilis. Sabes a que meses pertencían estes nomes?

Disque os romanos contaban que fora o antigo rei de Roma, Numa Pompilio, herdeiro de Rómulo, o que engadiría aos dez meses outros dous, pero non hai certeza deste feito. O caso é que o cambio de comezo do ano sería institucionalizado polos romanos algúns séculos despois, pero isto é xa outra historia.

O mes do solsticio. A verba solsticio está composta de dúas latinas : Sol (o astro solar)  e o verbo sístere "permanecer quedo, parado"  Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste e comeza de novo a aproximarse, e que coincide un co comezo do verán e outro co comezo do inverno.

xoves, 13 de decembro de 2018

NATUM VIDETE:


Procurando paralelos entre Roma e Belén, atopamos este cadro que representa?

Fíxate que non hai un boi, nin unha mula... que máis diferenzas atopas?

Imos logo a Belén, pastores... para traducir ao galego un vilancico moi coñecido que adoita cantarse en latín.

martes, 11 de decembro de 2018

O NACEMENTO DE ROMA



Imos saber como nace Roma, pero usando como fío condutor ás mulleres que se relacionan con este feito, mulleres que aínda que semelle que non foron transcendentais, o foron en realidade, aínda que os mitos e os relatos entre a historia e a lenda que se nos transmitiron, moitas veces (senón todas) foron escritos por homes cunha concepción claramente machista e nun mundo dominado polos homes. De aí que nós dende unha óptica moderna queiramos darlle unha voltiña ao asunto e ver se é posible contar as cousas de xeito distinto procurando recuperar o protagonismo que o pasado lle quitou ás mulleres.

I-   A deusa Venus nai de Eneas e as mulleres do heroe troiano: Creusa, Dido e Lavinia.
II- Rea Silvia, nai de dous xemelgos co deus Marte.
III- Luperca, unha muller ou unha loba?
IV-  Roma, nome de muller e as mulleres que posibilitaron a súa creación: Tarpeia, a traidora e Hersila, posiblemente a primeira raíña sabina de Roma.
V-  Lucrecia, a muller que fixo caer a monarquía en Roma.