O Entroido era unha celebración precristiá que se celebraba de moi diversas formas e tamén diferentes datas, pero coa aparición do Cristianismo esta foise modelando e asociando aos días previos ou inmediatamente anteriores á celebración da Coresma, un período de xexún e reflexión.
Procuremos saber nesta entrada como era aquel
antigo Entroido e como evolucionou tras da aparición da Coresma.
Segundo parece os Romanos celebraban as
Lupercais a mediados de febreiro, un ritual que ten moita relación cos nosos peliqueiros. Investiguemos sobre esta conexión entre o pasado de Roma e o presente de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario