Mañá emprenderemos unha nova saída didáctica, desta volta na procura da casa de Iulia. Lembremos que Iulia era romana, pero era tamén galaica porque naceu no século I a.C. na Gallaecia. Nós pensamos que naceu en Marín nalgún momento do ano 60 a.C. filla dunha importante matrona romana que por circunstancias que aínda descoñecemos participa da
expedición que o famoso militar romano Iulius Caesar realizou naquel tempo polas costas galegas. É por iso que imos coñecer ben esa expedición para tentar dar coa casa na que naceu Iulia en Marín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario