mércores, 3 de setembro de 2025

Un dicionario de Latín/ Galego para empezar

 DICIONARIO LATÍN-GALEGO

Todo idioma é un mundo. E un dicionario é sempre unha porta aberta a ese mundo. Pero para consultar e usar con axilidade un dicionario debes saber algo máis que as palabras se colocan por orde alfabética. Para manexar este dicionario terás que ir interiorizando algunha das regras gramaticais máis básicas que che permitan distinguir  os distintos tipos de palabras como verbos, substantivos ou adxectivos de palabras variables máis específicas como os pronomes ou doutras invariables (preposicións, adverbios ou conxuncións).