Logo chegaría a derradeira batalla dos pobos dos castros contra os Fillos da Loba, que tiveron como precedente todo un proceso de conquista: as guerras contra Décimo Xunio Bruto, contra César e contra o mesmo Augusto contra Cántabros, Ástures e Galaicos.
Maio era o
terceiro mes no antiguo calendario romano, onde xaneiro e febreiro non
existían, estaban ao final doano como
unha bolsa de tempo indeterminado.
A orixe do seu nome é incerta. Pode derivar da
deusa romana Maia, tamén coñecida como Bona Dea, cuxo festival os romanos
celebraban este mes que chamaban Maius.
Tamén podería relacionarse coa ninfa Maia,
filla de Atlas e Pleione e nai de Hermes/ Mercurio.
Unha terceira opción da súa orixe podería
ser do termo Maius Iuppiter, unha redución de maximus, o máis grande
BONA DEA
Bona Dea era unha deusa asociada coa vixginidade
e a fertilidade feminina. Tamén estaba asociada coa curación: moitos enfermos
eran tratados no seu templo con herbas medicinais. Era venerada con grande
reverencia por plebeos, escravos e libertos e mulleres. Invocábaselle para
pedir pola saúde e a liberación da escravitude; ou, as mulleres, pola súa
fertilidade. O seu culto era moi antigo e incluía ritos reservados
exclusivamente ás mulleres, prohibida a entrada aos homes no seu templo que foi construído no séciulo III a. C., despois foi restaurado por Lívia Drusila, a esposa do emperador
Augusto (m. 14 d.C.), e polo emperador Adriano (r. 117-138). Sábese que
aínda existía no final do século IV, mais acabou sendo demolido despois sen
deixar vestixio.
A deusa era adorada nun templo no Monte Aventino, pero os ritos
secretos no seu favor practicábanse no fogar dalgún maxistrado romano o 4 de
dicembro. Eran dirixidos pola muller do maxistrado, axudada polas virxes
vestais. Ademais de estar prohibida a participación de homes, tampouco se
permitían as pinturas de figuras de homes ou animais macho. A habitación estaba
decorada con flores e plantas, pero se excluía o mirto xa que, segundo a
tradición, Bona Dea foi golpeada ata á morte por Fauno cunha rama de mirto. Sábese
moi pouco sobre a cerimonia en si, aínda que se cre que na orixe estaba
relacionada coa agricultura.