martes, 3 de maio de 2022

MAIUS MENSIS

 


ETIMOLOXÍAS POSIBLES 

Maio era o terceiro mes no antiguo calendario romano, onde xaneiro e febreiro non existían, estaban ao final do  ano como unha bolsa de tempo indeterminado.

A orixe do seu nome é incerta. Pode derivar da deusa romana Maia, tamén coñecida como Bona Dea, cuxo festival os romanos celebraban este mes que chamaban Maius.

Tamén podería relacionarse coa ninfa Maia, filla de Atlas e Pleione e nai de Hermes/ Mercurio.


​ Unha terceira opción da súa orixe podería ser do termo Maius Iuppiter, unha redución de maximus, o máis grande​


BONA DEA 

Bona Dea era unha deusa asociada coa vixginidade e a fertilidade feminina. Tamén estaba asociada coa curación: moitos enfermos eran tratados no seu templo con herbas medicinais. Era venerada con grande reverencia por plebeos, escravos e libertos e mulleres. Invocábaselle para pedir pola saúde e a liberación da escravitude; ou, as mulleres, pola súa fertilidade. O seu culto era moi antigo e incluía ritos reservados exclusivamente ás mulleres, prohibida a entrada aos homes no seu templo que foi construído no séciulo III a. C.,  despois foi restaurado por Lívia Drusila, a esposa do emperador Augusto (m. 14 d.C.), e polo emperador Adriano (r. 117-138). Sábese que aínda existía no final do século IV, mais acabou sendo demolido despois sen deixar vestixio.

A deusa era adorada  nun templo no Monte Aventino, pero os ritos secretos no seu favor practicábanse no fogar dalgún maxistrado romano o 4 de dicembro. Eran dirixidos pola muller do maxistrado, axudada polas virxes vestais. Ademais de estar prohibida a participación de homes, tampouco se permitían as pinturas de figuras de homes ou animais macho. A habitación estaba decorada con flores e plantas, pero se excluía o mirto xa que, segundo a tradición, Bona Dea foi golpeada ata á morte por Fauno cunha rama de mirto. Sábese moi pouco sobre a cerimonia en si, aínda que se cre que na orixe estaba relacionada coa agricultura.

 Para seguir investigando:

Culto a Bona Dea

Festival da Bona Dea

Será logo Bona Dea unha versión Mediterránea equivalente á deusa celta Beltane?


Ningún comentario:

Publicar un comentario