xoves, 26 de outubro de 2023

DEFUNCTI

  Estamos no País dos Mortos como seguramente sabes que xa o dicían os romanos. Lembraremos a procedencia deste elemento da nosa identidade ben antigo e logo entraremos no Mes de Defuntos usando o  latín.

DEFUNCTI ( I )

DEFUNCTI ( II )

xoves, 19 de outubro de 2023

mércores, 18 de outubro de 2023

HABEMUS CASUS!

 



HABEMUS CASOS!

A sección de INTRA MUROS podería e, se cadra, debería chamarse GRAMMATICI CERTANT porque está pensada para pelexar coa gramática do latín, especialmente coa sintaxe.  Intra muros, de muros adentro será a sección do blog que contribuirá a explicar como funciona internamente o latín, é dicir, entendemos que toda lingua usa/constrúe unhas regras a modo de murallas das que se serve para funcionar e cohesionarse, manter o seu carácter e diferenciarse das outras. Para os que vimos doutra lingua estes muros poden parecer infranqueables, pero se nos colamos dentro, entendemos todo mellor.

 

O LATÍN LINGUA FLEXIVA. CONCEPTOS DE FLEXIÓN E CASO.

Como puidestes comprobar no vídeo anterior as terminacións dalgunhas palabras varían segundo o xénero, o número e a función que realizan na oración.

O latín, como filla do indoeuropeo, é unha lingua flexiva, usa a flexión, é dicir, os morfemas finais de palabras como os substantivos para indicar a función sintáctica.

Ás diferentes formas que presentan as palabras segundo a súa función chamámoslle casos.

 

 Iulius vir romanus est. Aemilia mater romana est.  Liberi sunt filii filiaeque. Iulius pater Iuliae est.

 Aemilia mater Marci et Quinti est. 

 

O CASO NOMINATIVO

Pois ben o latín usa o caso nominativo tanto para expresar a función de suxeito como de atributo.

Como ben sabes, os verbos nas oracións teñen moito que dicir, funcionan como motores das mesmas. Se te fixas nas oracións do vídeo, todas elas están formadas por verbos chamados atributivos ou copulativos como est, sunt (ser, estar, parecer...) que crean predicados nominais porque o seu complemento natural é o atributo.

 

Marcus puer romanus est.                   Aemilia et Delia et Syria feminae  sunt.

    SUX.      ATRIB.    Vbo.                        SUXEITO                 ATRIB.  Vbo.

 

O CASO XENITIVO

O latín, ademais do nominativo, ten máis casos para expresar distintas funcións sintácticas. O xenitivo serve para expresar a función de complemento do nome (CN).

 

Iulius pater Marci est.       Marcus  filius   Aemiliae et Iulii  est.

SUX. ATRIB  CN  Vbo.        SUX.  ATRIB.      CN.               Vbo.

 

 

Marcus et Quintus et Iulia  sunt    liberi    Iulii et Aemiliae.

                     SUX.              Vbo.  ATRIB.         CN.

 

 

QUAESTIONES: RESPONDE IN LINGUA LATINA

Quis Iulius est?

Quae Aemilia est?

Qui Marcus et Quintus sunt?

Estne puer Iulius?

Suntne viri Marcus et Quintus?

Estne Iulius puer?

Quis pater  Marci est?

Quae mater Marci est?

Quae mater Iuliae est?

Quae filia Iulii et Aemiliae est?

Qui filii Iulii et Aemiliae sunt?

Qui liberi Iulii et Aemiliae sunt?


EXERCITIA CASUS 

DOS CASOS ÁS DECLINACIÓNS

luns, 2 de outubro de 2023

LEGERE, TRADUCERE ET COMMENTARI

 


 POST LEGERE,

 CONVERTERE IN LINGUAM GALLAICAM

  Incorpora o texto traducido ao galego a túa libreta de latín.