mércores, 17 de abril de 2024

OS TRIUMVIRATOS E XULIO CÉSAR

 


O PRIMEIRO TRIUMVIRATO ( Do 60 a.C. á morte de César)

Tres homes (trium - viri) importantes personaxes van pactar en segredo repartirse o poder en Roma. Eran Craso (o home máis rico de Roma grazas aos negocios do comercio consecuencia das conquistas e vencedor de Espartaco), Pompeio (o delfín dos optimates con gran poder no exército) e César (sobriño de Mario, o único que escapara sendo un neno da persecución de Sila e que tras unha campaña na Gallaecia era líder dos populares).

 

       Tras casar a súa filla, Iulia, con Pompeio, César logra o mando dunhas lexións para iniciar unha empresa cunha tripla finalidade (sona en Roma, diñeiro e un exército fiel).

 

       Nace así a denominada Guerra das Galias (foi un escrito de César, unha crónica que vai editando por entregas en Roma mentres el está fóra durante os 8 anos que durou guerra de conquista do territorio celta, aproveitando as desputas internas e os conflitos cos xermanos). Pero en Roma, primeiro morreu Craso e logo a propia filla de César. Entre os senadores romanos foron medrando os temores a un novo Mario e deciden nomear cónsul único a Pompeio no ano 52. Este ordena que César, rematada a conquista volva a Roma, licenciando aos seus exércitos. Pero César decide cruzar o Rubicón, río do Norte de Italia como xefe das súas tropas pronunciando a frase “alea, iacta est” (a sorte está botada), co que declaraba a guerra ao Senado e a Pompeio. De novo unha guerra civil na que vencería César no ano 48 a.C.




Os idus de Marzo

 

       César aproveitou a situación inestable de Exipto para axudar a Cleopatra (coa que chega a ter un fillo, Cesarión).

No ano 44 a.C. no Idus de marzo, como xa comentamos César será asasinado no Senado, abríndose un novo período de guerra civil entre os seus partidarios Marco Antonio á cabeza e os seus asasinos Bruto e Casio, entre eles.

 


 




  O Segundo Triunvirato: Unha nova Guerra Civil

 


-          Un novo triunvirato: Aniquilados os asasinos de César, Marco Antonio, Lépido (outro dos xenerais de confianza de César) e Octavio Augusto (sobriño de César) conforman un segundo triunvirato para gobernar.


 


 

-           Pero axiña rachará o acordo e tras da morte de Lépido, Octavio e Marco Antonio,o novo amante de Cleopatra, emprenden unha Guerra Civil que rematará co triunfo do que será o primeiro emperador de Roma: Octavio, que gobernará co nome de Augusto (27 a.C.)

 

Comeza unha época de esplendor do Imperio Romano consecuencia da SOCIEDADE DOS SERVI

luns, 15 de abril de 2024

REVOLTAS DE ESCRAVOS E A CONXURACIÓN DE CATILINA

 

AS REVOLTAS DE ESCRAVOS E A AMBICIÓN DE PODER/ CAOS POLÍTICO

- A Rebelión de escravos de Espartaco 73 a.C.

       Xa houbera varias revoltas no sur de Italia onde había maior concentración de escravos, pero un escravo tracio chamado Espartaco provocará o terror en Roma ao derrotar a varios exércitos. Despois dun tempo de incertidume, unha acción conxunta de Craso e de Pompeio rematará coa súa intención de abandonar Italia. Miles de escravos serán crucificados.





- A Conxuración de Catilina 63 a.C. contra Cicerón.

       Un intento de golpe de estado por parte deste líder ambicioso dos populares chamado Catilina que estivo a punto de aniquilar ao cónsul electo Cicerón, dos optimates, que descubrirá a conspiración no propio Senado pronunciando un famoso discurso “As Catilinarias”. Non sería o último dos disturbios nunha situación caótica.



xoves, 11 de abril de 2024

O Episodio de Mario e Sila

 



A ÉPOCA DE  MARIO E  SILA:

 O empobrecemento dos pequenos campesiños foi o detonante dos cambios na economía que estaba pasando a ser unha economía imperial  Grandes territorios conquistados numerosos escravos o que facía que o trigo e outros produtos dos que vivían os pequenos campesiños itálicos pasasen a ser máis baratos consecuencia da mao de obra barata que eran os escravos. Como se solucionou o problema? Afondando na crise da República como veremos. 

  Do exército profesional á guerra civil

       Mario: Este xeneral de orixe humilde, do partido dos populares,  vencedor en varias guerras de conquista, foi elixido cónsul no 107 a.C, cargo que logo ocuparía en varias ocasións. Emprendeu unha reforma militar consistente na profesionalización do exército, solucionando por unha banda o problema de empobrecemento dos pequenos campesiños e abrindo, por outra, a porta a que un xeneral, baixo as promesas de pagas e prebendas ao licenciarse, procurase a fidelidade dos seus soldados e que se utilizasen os exércitos con intereses particulares ditados pola ambición de poder.

Revoltas de aliados e a guerra civil.

     Había un descontento dos aliados itálicos ante a negativa de Roma de concederlles a cidadanía romana. Estas comunidades organizaron un estado paralelo ao romano. O estado romano acabou cedendo ás peticións dos aliados. A cifra global de cidadáns achegouse ao millón.

       Lucio Cornelio Sila era un optimate descendente dunha familia patricia arruinada. Pero conseguira solucionar o conflito cos aliados e foi elixido cónsul polos conservadores. Mario organiza unha revolta e acaba expulsando a Sila da cidade. Pero Sila volverá vencedor ocupando militarmente Roma por vez primeira. Nestes momentos, Roma tiña problemas con Mitrídates VI, rei do Ponto, quen se apoderara da provincia de Asia e parte de Grecia. Sila foi o encargado de solucionar a guerra contra este rei, momento no que Mario volve a ocupar o poder. Á volta de Sila á cidade provoca unha guerra civil (84 a.C) cos partidarios de Mario, aos que elimina un a un, nomeándoselle logo dictator (con todos os poderes concentrados nunha persoa durante tres anos). Sila contaba cun exército leal ao que recompensara cos recursos obtidos de Oriente. Estableceu que as proposicións de lei dos tribunos da plebe debían ser aprobadas polo Senado antes de proceder á súa votación na asemblea do pobo.

mércores, 10 de abril de 2024

Quarta declinatio

Visualiza este vídeo e logo realiza os exercicios que se propoñen máis abaixo:



1- Copia a táboa coas desinecias para declinar as palabras da 4ª declinación do latín:


2- Dos seguintes substantivos  identifica co teu declinator a que declinacion pertencen cada un. Pon especial atención en descubrir cales son da 4ª declinación:

quercus,i(f)  aqua,ae(f), ver, veris (n), carrus,us (m), rex,-gis (m) mons, montis(m)
genu,-us(n), dies-ei(m), Roma, -ae (f), ficus,i (f) templum, -i(n), fluvius, -ii (m)
manus, us (f), copia,-ae(f), ager,agri(m) Venus, -eris (f) Iuppiter, Iovis(m) hostis, is (m)
miles,-itis(m), exercitus, us (m), Romulus, -i (m), nauta,-ae(m) Cartago, -inis (f) pax, cis(f)


3- Declina a seguir as palabras da 4ª declinación da lista anterior.


Analiza e traduce as seguintes oracións con palabras da cuarta declinación:

Exercitus romanos Hanibal timet.

Hanibal, -is(m) Aníbal. 

timeo,es,ere: temer


                                          Romani hostium impetum non timebant.

hostis-is(m) inimigo

impetus, us (m): ataque

                                   

                                    Senatus magnum exercitum in hostes misit. 

Senatus, us (m): Senado

mitto, -is, -ere, misi ( enviar)


                            Caesar equitatum exercitus in cornibus collocavit.

Caesar. -aris (m): César

equitatus, us (f) cabaleiría

cornu- us (n) en plural ás laterais (do exército)

coloco, as,are, avi: colocar, situar.

martes, 9 de abril de 2024

SCIPIONES VERSUS GRACI

 COMEZA UNHA LOITA POLA EQUIPARACIÓN DE PODERES ENTRE PATRICIOS E PLEBEOS POR QUE?

Rematadas as Guerras Púnicas comeza o que coñecemos como a Crise da República. Miles de escravos produto da terra, un extenso territorio baixo o control de Roma e a ambición dos poderosos por aproveitarse da situación son tres elementos esenciais a ter en conta.

QUE ERA UN TRIBUNO DA PLEBE? Os maxistrados que defendían aos plebeos, escollidos polos propios plebeos e con poder de veto ás decicións do Senado eran realmente un contrapoder. Pero como lograran este tipo de maxistrados os plebeos? Non fora fácil. As primeiras concesións dos patricios foran aqurelas que lles arrincaran os plebeos cunha especia de folga e negarse a seguir loitando por Roma, mesmo ameazar con constituír unha cidadde aparte.   

A  DRAMÁTICA HISTORIA DE TIBERIO GRACO E O SEU IRMÁN CAIO GRACO.



Unha película sobre o tema


mércores, 3 de abril de 2024

AS GUERRAS PÚNICAS

 Visualiza o seguinte documental e logo realiza un resumo de non menos dunha cara dun folio sobre o contido do mesmo, describindo as tres Guerras Púnicas, un dos feitos históricos máis determinantes dos cambios que se producirán durante a República romana.  Para entregar na próxima clase. 



xoves, 21 de marzo de 2024

mércores, 28 de febreiro de 2024

DA SOCIEDADE DA GENS

 


A sociedade da gens é a sociedade baseada na linaxe cuxo sistema foi a base do mundo antigo na que Roma non foi unha excepción.

Imso investigar: SOCIEDADE DA GENS  

luns, 19 de febreiro de 2024

TERTIA DECLINATIO

 Imos coa terceira declinación a máis complexa de todas e sobre a que teremos que practicar máis tempo.


 O seguinte paso, despois da presentación inicial será:

Xogar a distinguir palabras das distintas declinacións:


Sobre o Declinator da Terceira: TERTIA DECLINATIO (I)

TERTIA DECLINATIO (II)

TERTIA DECLINATIO (III)

mércores, 14 de febreiro de 2024

DAEDALUS ( texto para traducir)

 


Postero die magister fabulam Daedali  discipulis narravit:

 

"Daedalus vir peritus fuit. In insula Creta exsulabat ubi Minos tyrannus profugo hospitium praebuit. Daedalus, propter beneficium gratus, superbo tyranno labyrinthum, custodiam captivorum aedificavit.

Sed superbia ingeniosum virum movet. Itaque Minos, iratus, fabrum vituperat et in labyrintho cum filio retinet.

 

Tum Daedalus puerum captivum indicavit: " Cur times, care fili? Novam et miram machinam excogitabo. Liberi erimus!"  Alas callidus faber parat. Denique, vir et puer alas umeris bene accommodaverunt et, primo, per latum caelum evolaverunt.

 

- O Icare, inter undas et caelum sempre vola!

 Sed incautus puer ad Phoebum nimis appropinquavit. Radii alarum ceram liquant et deus, ira incensus, miserum puerum in undas praecipitavit."

 

 

VOCABULA

aedifico,as,are,-avi: construír

ala,ae: á

beneficium,-ii(n): favor

callidus,a,um: intelixente

captivus.a,um: prisioneiro

carus,a,um: querido

 Creta,-ae (f) Creta

custodia,ae: prisión

Daedalus,-i:Dédalo

denique: adv. finalmente

excogito, as,are: deseñar

exsulo,as,are,-avi: estar desterrado

faber,-bri: artesán

gratus,a,um: agradecido

hospitium,ii(n) hospitalidade

ingeniosus,-a-um: inxenioso

insula, -ae: (f) illa

iratus,a,um: enfadado

labyrinthum,-i(n) labirinto

liber, a, um: libre

machina, ae: invento

Minos,-i(m) Minos

mirus,a,um : admirable

moveo,es,ere: mover

paro,as,are: preparar

peritus,a, um: hábil

Phoebus, -i: Febo-Apolo, o Sol.

praebeo,es,ere,-ui: ofrecer

primo (adv. ao comezo, primeiramente)

profugus,a.um: fuxitivo

propter: conx. por causa de

retineo,es,ere: reter.

superbia,ae: soberbia

superbus,a,um: soberbio

timeo,es,ere: temer

tum: entón.

tyrannus,-i (m) soberano, rei

ubi: adv. onde

umerus, -i (m) ombreiro

unda, ae: onda, auga... mar.

vir, -i (m) home

vitupero,as,are.avi: rifar, castigar

luns, 5 de febreiro de 2024

INTROITUS

 

 


Velaí vén o san Antroido

coa facela cuberta

axuntaivos mozas todas

vámoslle facela festa.


O entroido da Veiga os Charrelos ( entre os que está Marcos, o noso compañeiro) e outras figuras 


Que é o Entroido e que relacións ten co mundo clásico é o que imos descubrir a partir das seguintes preguntas:

-Por que se chama así, ou cal é a orixe desta palabra?

- Cal é a orixe etimolóxica da palabra "carnaval"? Terá que ver coa expresión latina "carrus navalis" ou con estoutra "carnes tollendas"

Tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)

As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".

O entroido fai referencia a unha época de "carne", tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente. 

En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo. 

As denominacións destas festas na maior parte de Europa teñen este sentido orixinal: desde o "Carne Vale" (Adeus á carne") ó "Introitum" co significado de entrada á Coresma, todos os calificativos para o Entroido fan referencia a que esta é unha época de carne (no sentido literal e no metafórico da Igrexa): "Carnal" na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña, "Carnestollendas" (de "carne" e "tolere", "levar a carne"). Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en Francia, "darrers dies" (de carne) en Baleares...

O entroido é desde sempre a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar, o rirse do máis sagrado... todas son características comúns destes días.

 

A festa recibe en galego os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de "entrada ou comezo". Daquela, o étimo fai referencia a un significado da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-, independentemente de que a súa apropiación por parte do Cristianismo nos faga pensar na entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.

No noso idioma é admisible tamén a voz carnaval, con dous posibles étimos distintos. Para uns este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da expresión antiga carne levare -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos asociados ao carnaval actual.

 




Outras interpretacións:

Pero a finais do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a Deusa Celta das fabas e o toucino. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao Deus Karna (que no Mahabharatá aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus Sol e a raíña Kuntí). Algunhas persoas cren que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.

 

ALGUNHAS CUESTIÓNS POR RESPONDER:

-O Entroido é unha festa móbil, por que razón e en función de que se celebra cada ano nunha data distinta?

- Onde e como se facía uso da máscara no mundo clásico? Ten algo que ver coa orixe do teatro?

- En Roma como se celebraba o Entroido?

-Os entroidos tradicionais de Galicia, considerados entre os dez máis orixinais do mundo (podes consultar en vieiros da escola) que agocha, que ten de especial? Hai neles algo que lembre ás Lupercais romanas?

- Que orixe teñen os "enterros da sardiña" e eventos semellantes?

mércores, 17 de xaneiro de 2024

AS MULLERES DA FUNDACIÓN DE ROMA


 Imos explicar a Fundación de Roma e os primeiros tempos desta cidade tomando como referencia por un lado o número 7 e por outro as mulleres que habitualmente quedan relegadas a un segundo plano nestes tipo de relatos antigos cargados de prexuízos. Procura a información precisa para relatar a garandes trazos a historia de Roma dende o 753 a. C. ata o 509 a.C. 

Para o primeiro dos capítulos que xa o denominamos AENEAS, poderíamos telo denominado: VENUS.

Para o segundo, non só CREÚSA (a nai de Iulo Ascanio), senón DIDO e LAVINIA.

Para o terceiro REA SILVIA (filla de Numitor e nai de Rómulo e Remo).

Para o cuarto ACCA LARENTIA ou se se quere falamos da LUPERCA ou a LUPA CAPITOLINA.

Para o quinto todo un colectivo AS SABINAS, grazas a elas será fundada a cidade de Roma que logo reunirá as sete colinas nunha mesma cidade. As Sabinas provocan unha revolución despois do seu rapto. De feito a primeira raíña de Roma, a esposa de Rómulo, foi  HERSILIA. Por certo Roma vai ter sete reis segundo a narración que entre o mito e a historia narrou Tito Livio. 

Para o sexto: son realmente dúas cidades con nome feminino: ROMA E ALBA LONGA, tamén poderiamos falar das Nais de Horacios e Curiacios.

Para o sétimo a muller que co seu suicidio foi quen de acabar coa monarquía autoritaria dos Etruscos en Roma. 



xoves, 11 de xaneiro de 2024

Un texto con futuros... POST AENEAM

 POST AENEAM ...


Mox tamen troianae carinae undas rursus secant et ad Italiam navigant. Tandem terra bona et pulchra fessis nautis apparet. Post saevas procellas, nautae et feminae novam patriam videbant. Aeneas subito exclamat: Quid exspectamus? Gratias Fortunae secundae agere debebimus. Novam terram patriam vocabimus et sanctam habebimus. Italia nostra erit.


Localiza os verbos en futuro e traduce este texto: 


Vocabulario:

ad: prep. acusativo  a, cara a.

Aeneas,-ae: Eneas.

carina,ae: naves

exclamo, -as-are: exclama.

exspecto-as-are: esperar.

fessus,-a-um: canso.

 "gratias agere": dar grazas.

habeo,-es-ere: ter

Italia,-ae: Italia

mox: adv. logo

nauta,ae: (m) navegante, mariñeiro.

navigo-as-are: navegar.

noster,-tra,-trum: noso.

patria-ae: patria

praeclarus,-a-um: ilustre

procella,ae:(f) temporal

pulcher, chra,-chrum: fermoso

regina,ae: raíña.

rursus: adv. de novo.

saevus-a-um: terrible.

sanctus-a-um: inviolable.

seco,-as,-are: cortar.

secundus-a-um: favorable.

subito:adv. de súpeto

tandem:adv. finalmente.

Troia,-ae: Troia.

unda,ae: mar (ondas do mar)

video,-es-ere: ver.

voco,-as-are: chamar.


luns, 8 de xaneiro de 2024

IANUARIUS ET FUTURUS

 

Aproveitando o cambio do ano imos comezar a analizar os meses e o cómputo do tempo en Roma ata entender o complexo mecanismo do calendario que herdamos dos romanos. O primeiro paso será coñecer o deus plenamente romano (non ten nada de grego)  que dá nome a o mes no que estamos: Xaneiro.

O deus Ianus,  é o deus das portas, das dúas caras para os romanos deus do principio e do fin. Aínda que o mes de xaneiro inicialmente non era o primeiro do calendario como xa estudaremos no mes de marzo.

 

Investiguemos que ritos estaban asociados a este deus Ianus do comezo e do fin, é dicir, Ianus Patusius (o que abre) e Ianus Clausius (o que pecha). Se cadra nós, se observas a representación da fotografía, deberiamos colocalos ao revés tendo en conta que na actualidade o primeiro debería representar o ano vello e outro o aninovo. Pero lembra que xaneiro foi durante moito tempo para os romanos o mes undécimo do calendario, polo que estaría ben o rostro do deus máis novo primeiro e logo a cara máis vella.

 

INVESTIGATIO: Que rituais se realizaban arredor deste deus romano Ianus?

 

Que relación garda co símbolo


Este símbolo logo será utilizado polo Cristianismo. Por exemplo aparece como primeiro símbolo cristián conservado en Gallaecia no século IV despois de Cristo no Crismón de Quiroga

 

Como se conxuga o Futuro nos verbos en latín?