xoves, 28 de abril de 2022

CUARTA E QUINTA DECLINACIÓNS

 


APRENDE A DECLINAR PALABRAS DA CUARTA E DA QUINTA DECLINACIÓNS


APRILIA


Festas de Flora en Roma, cadro de Tiepolo baseado no libro IV de Fastos de Ovidio.

Ovidio insistía en que Venus era a que lle daba nome a este mes de abril deamoslle voltas a esta hipótese: Abril procede de APRILIS. É algo escura a etimoloxía desta palabra. Hai quen di seguindo algunha indicación do poeta latino Ovidio que ten que ver co verbo aperire (abrir), da que sairía aperilia (apertura) logo aprilia, asociada a apertura das flores, pero non está moi ben xustificada esta relación. 

Outra versión mellor argumentada etimoloxicamente é que proceda de "aphros" a raíz que daría aprilia e que é a denominación dunha divindade feminina Afrodita/ Venus.

Voz patrimonial do latín aprilis, probablemente tomada do etrusco apru e este do grego Aphrô, acurtamento de Aphroditê ‘Afrodita’

Ovidio no seu libro FASTOS di que os romanos chamaban ‘Floralia’ a esta festividade que simboliza a renovación do ciclo da vida e que se asocia a Flora, a deusa das flores, os xardíns e a primavera, protectora da muller.

Orixe do festival

 “Nai das flores, ven, que has de ser festexada con xogos e esmorga”.

                                                                                                                        Ovidio

 

É a partir do 173 a.C., cando o festival adquire unha maior popularidade. Comeza a celebrarse de maneira anual. Ese ano houbo un terrible temporal de saraiba e chuvia que arrasou cos cultivos, polo que o edil Caio Servilio, por orde de Senado, organizou uns xogos escénicos e circenses, para garantir a protección da deusa no futuro, dotando ao festival dun carácter máis oficial. O propio Ovidio narrou este suceso nos seus Fasti V (315-330) por boca da propia Flora-

Perante o Imperio as Floraria acadan o seu maior grao de popularidade, estendéndose a súa celebración a todos os recunchos do Imperio, debido en parte ao seu carácter licencioso e alegre.

A apertura do ano vexetal e natural coa Primavera está relacionada con Venus, poden ser dúas cousas realmente próximas como Boticelli no Renacemento deixou claro:

 


Ovidio dixo nas Metamorfoses: 

Ver erat aeternum et placidi Zephiri flores arboresque auris tepidis mulcebant; flumina iam lactis, iam nectaris currebant et mella flava de ilice dura stillabant.

A nosa palabra primavera non vén logo da palabra que dá o nome ao mes de abril. 

De primum ver a prima vera

Seguro que caíches na conta de que  a palabra ver, -ris é neutra por iso de que o seu adxectivo é neutro: aeternum, nin aeterna (f) nin aeternus (m). Pero tanto en galego como en castelán esta palabra é feminina logo tivo que derivar de prima vera e non de primum ver. Pasou así con outras moitas palabras neutras e plurais que pasna a ssr femininas e singulares: folia (plural de folium): folla, fructa ( plural de fructum): froita, vela ( plural de velum): vela,  arma (que só se declinaba en plural arma-orum): arma ...  

Texto para traducir: 

VER  AETERNUM

Saturnus in Olympo per multos annos regnavit, sed Iuppiter, filius suus, contra patrem bellum movit.

Iuppiter post maximam pugnam patrem vicit et ex caelis Saturnum expulit.

Primo Saturnus in Italiam venit, genus altis mon­tibus dispersum composuit et Latinos agrorum cultum docuit.

Ex illo tempore sub rege Saturno illa aetas aurea fuit.

Poeta Ovidius sic celebrat: homines sine lege, sponte sua, vitam agebant; timor non illis erat et sine vindice bonum rectumque faciebant;

nondum fossae oppida cingebant, nec tuba milites ad pugnam congre­gabat, nec matres bella et gladios cruentos horrebant.

Tellus, illa sola, optimos fructus hominibus ferebat; non boves, non tauri terram arabant.

Ver erat aeter­num et placidi Zephiri flores arboresque auris tepidis mulcebant; flumina iam lactis, iam nectaris currebant et mella flava de ilice dura stillabant.

 

VOCABULA:

ad: ( prep. ac.  cara a )

aetas,-tatis: f) Idade

ager, agri: (m) campo

ago, -is-ere, egi: levar, pasar (a vida)

annus,-i(m) ano

aureus, -a, um: dourado

bellum,-i (n): guerra

bos, bovis (m) boi

caelum, i(n) ceo

celebro, as,are. vi: declarar

cingo, -uis-ere, cinxi: cinguir

compono, is, ere, -posui: ordenar

congrego. –as.-are.-avi: congregar, reunir

cruentus, -a –um:

cultus, -us: (m) cultivo

curro, is, ere, cucurri: correr

de (prep) desde

dispersus,-a,-um: disperso, espallada

doceo, .es-ere, docui: ensinar

ex(prep): desde

expello, is,ere, -puli: expulsar

fero, fers, ferre tuli: levar

 flavus, a, um: amarelo

flumen –inis( n) río

fossae, arum: foxos (que rodea unha fortaleza)

fructuus, -us( m) froito

gladius, ii (Lm) espada

genus, -eris: (n) orixe, familia

homo,-inis ( m) home

horreo, es, ere, -ui: estar arrepiado, horririzado, tremer

iam—iam (distributiva) ora …ora.. unhas veces…. outras

Ille, illa, illud ( aquel, aquela  aquilo)

ilex, illicis(f) aciñeira

Iuppiter,  Iovis (m): Xúpiter

lac , lactis (n) leite

Latinus,a,um: Latino

lex, -gis(f) lei

mater, matris ( f)  nai

mel,  mellis (n) mel

miles- itis( m) soldado

moveo, es, ere, movi: promover

nec=et non,/ nin

nectar, -aris (n)(néctar

nondum (adv.) aínda non

Olympus, -i

optimus, a,-um: o mellor

primo (adv.) en primeiro lugar

postL prep.) despois

pugna,ae (f): loita

regno, -as-are,-avi: reinar

rex,-gis( n) rei

Saturnus, i

sic (adv ) así.

sine (prep) sen

spons – ontis ( f)  vontade

stillo, as, are –avi: destilar

taurus, -i (m) touro

tellus, uris(f) Terra

tempus, -oris( n) tempo

timor, -oris ( m) temor

tuba, ae: tuba ( instrumento de aire)

venio,is,ire, veni: chegar

ver, -ris (n); primavera (tempo da calor)

vinco, -is-ere, vici: vencer

vindex, -icis( f) cadea, castigo

vita, -ae(f) vida

 


mércores, 20 de abril de 2022

VITA PUERORUM ROMANORUM

 

Imos comezar a falar dos xogos na aula para preparar o Obradoiro que queremos montar para 3º da ESO


Un par de textos para traducir nestes días:

PUERORUM ROMANORUM VITA

 CICONIA ET VULPES

martes, 19 de abril de 2022

Adxectivos da terceira

 


Imos aproveitar que estudamos os adxectivos da terceira declinación para dar un bo repaso gramatical ás declinacións:

ADXECTIVOS EN LATÍN 

mércores, 6 de abril de 2022

martes, 5 de abril de 2022

DA SOCIEDADE DOS SERVI

 

A CRISE DA REPÚBLICA

A Crise da República principia coas Guerras Púnicas (264-146 a. C.) do século III-II a. C. Comezo da expansión de Roma fóra de Italia coa que cambiará de status cara á SOCIEDADE DOS SERVI, clave fundamental para entender a aparición do Imperio Romano.

Esta segunda etapa da República prodúcese como consecuencia de conformarse en Roma unha crecente sociedade escravista consecuencia directa das Conquistas fóra de Italia (a primeira das cales e, moi importante, será provocada polas Guerras Púnicas).

Roma, tras estas guerras, atopouse en poucos anos con moita riqueza, pero, en vez de distribuila, esa riqueza foi parar ás clases privilexiadas, terras e escravos para os terratenentes (agrupados no partido da nobilitas) o que provocou a ruína dos pequenos agricultores de toda Italia que se procuraron a vida na capital colapsada por indixentes.

Os tribuni da plebe e outros sectores progresistas (o partido do pobo) comezaron entón a reclamar o reparto de terras equitativo.

Os seus contrarios poderosos puxéronse en acción matando primeiro a Tiberio Graco no ano 133 a.C. e dez anos máis tarde a Caio Graco, seu irmán, que tamén intentaba poñer en marcha leis de reparto máis xusto.

Comeza así a Crise da República, caracterizada entre outras cousas pola ambición de poder e os asasinatos políticos.

CAUSAS DA CRISE

Despois da Segunda Guerra Púnica que remata no 202 a. C. na batalla de Zama, morre o cartaxinés Anibal. O xeneral vencedor, Publio Cornelio Escipión, que o venceu sería chamado dende aquela “o africano”.  Logo viría unha Terceira guerra (149-146 a.C.) na que outro dos Escipións, Escipión Emiliano arrasaría a cidade de Cartago.

       Estas guerras puxeron de manifesto a contradición entre a nova política exterior romana de carácter imperialista ou de conquista e a orixe campesiña do groso do exército de Roma. Os pequenos propietarios de Italia mobilizados durante anos contra Anibal (218-202 a.C.) abandonaron as súas terras ou malvendéronas aos terratenentes. O problema agravouse porque pola competencia dos produtos importados máis baratos, grazas a man de obra escrava que as conquistas proporcionaran, provocou a forzosa emigración dos pequenos campesiños cara Roma onde ía facéndose máis e máis numerosa unha plebe empobrecida que subsistía coas reparticións gratuítas de cereais e os subornos e compra dos seus votos nas asembleas.

CARACTERÍSTICAS DA CRISE DA REPLÚBLICA

 Os efectos que vai provocar na sociedade romana son:

- A violencia e os asasinatos políticos como principal solución dos conflitos.

-Paso da loita política e o debate á ambición persoal de poder (autocracia militar) na que importan pouco as ideas, pero si a militarización da sociedade.

-Profesionalización do exército que fará posible a creación de exércitos privados que seguen a un xeneral baixo a promesa de pagas e beneficiosas.

-Guerra civil enfrontamento de distintos exércitos de romanos contra romanos.

-Revoltas de aliados e de escravos. O caso máis coñecido e máis grave para Roma foi o de Espartaco.

A ÉPOCA DOS IRMÁNS TIBERIO E CAIO  GRACO

       A crise da República romana veu condicionada polo imperialismo de Roma e os seus primeiros síntomas, a mediados del século II a.C. entre os anos 133 a.C. (tribunado de Tiberio Graco) e 27 a.C. (instauración do réxime imperial).

       O exército romano estaba integrado por cidadáns propietarios, pero as necesidades militares eran cada vez maiores e o malestar social na plebe urbana polo desemprego e a suba de prezos provocou a división do grupo senatorial en varios grupos o facciones, que intentaban lograr as súas metas políticas manipulando as asembleas populares e utilizando aos tribunos da plebe.

Tribunado de Tiberio Graco (133 a.C.)

       Tiberio Sempronio Graco no 133 a.C. propuxo unha lei agraria (Lex Sempronia agraria) que prohibía posuír máis de 500 iugera (125 ha.) de ager publicus + 250 iugera por fillo (ata un máximo de 1000). A terra que debía ser devolta ao estado romano sería parcelada en fincas de 30 iugera (7,5 ha.) e asignadas a cidadáns pobres.

       Esta lei agraria de reparto de terras de Tiberio Graco perxudicaba aos grandes latifundistas da clase senatorial romana e beneficiaba á plebe, nese sentido era revolucionaria.

       As distintas faccións da nobreza senatorial romana aliñáronse en dous partidos contrapostos aínda que ambos tiñan patricios e plebeos nas súas filas:

- Populares: partido dos Graco, intentaba favorecer á plebe e recortar os privilexios do Senado e dos terratenentes.

- Optimates: opositores dos populares tendencia predominante no Senado, defensores dos privilexios dos senadores contrarios ao reparto de terras públicas e restinxir os poderes das asembleas onde tiña maioría a plebe.

       O Senado obstaculizou a aplicación da lei e Tiberio Graco será asasinato polos seus inimigos optimates (Cicerón culpaba do asasinato aos Escipións (132 a.C.)

Tribunado de Caio Graco (123-122 a.C.)

       Foi elixido tribuno no ano 123 a.C. Continuou coa política do seu irmán Tiberio (en contra dos abusos da nobreza senatorial terratenente), pero no 121 Caio Graco non foi elixido e quitouse a vida. Tras da súa morte a oligarquía urbana intentou acabar coa reforma agraria.

A ÉPOCA DE  MARIO E  SILA: Do exército profesional á guerra civil

       Mario: Con este xeneral de orixe humilde, vencedor en varias guerras de conquista, foi elixido cónsul no 107 a.C, cargo que logo ocuparía en varias ocasións. Emprendeu unha reforma militar consistente na profesionalización do exército, solucionando por unha banda o problema de empobrecemento dos pequenos campesiños e abrindo , por outra, a porta a que un xeneral, baixo a promesas de pagas e prebendas ao licenciarse, procurase a fidelidade dos seus soldados e que se utilizasen os exércitos con intereses particulares ditados pola ambición de poder.

Revoltas de aliados e a guerra civil.

       O descontento dos aliados itálicos ante a negativa de Roma de concederlles a cidadanía romana. Estas comunidades organizaron un estado paralelo ao romano. O estado romano acabou cedendo ás peticións dos aliados. A cifra global de cidadáns achegouse ao millón.

       Lucio Cornelio Sila era un optimate descendente dunha familia patricia arruinada. Pero conseguira solucionar o conflito cos aliados e foi elixido cónsul polos conservadores. Mario organiza unha revolta e acaba expulsando a Sila da cidade. Pero Sila volverá vencedor ocupando militarmente Roma por vez primeira. Nestes momentos, Roma tiña problemas con Mitrídates VI rei do Ponto quen se apoderara da provincia de Asia e parte de Grecia. Sila foi o encargado de solucionar a guerra contra este rei, momento no que Mario volve a ocupar o poder. Á volta de Sila á cidade provoca unha guerra civil (84 a.C) cos partidarios de Mario, aos que elimina un a un, nomeándoselle logo dictator (con todos os poderes concentrados nunha persoa durante tres anos). Sila contaba cun exército leal ao que recompensara cos recursos obtidos de Oriente. Estableceu que as proposicións de lei dos tribunos da plebe debían ser aprobadas polo Senado antes de proceder á súa votación na asemblea do pobo.

AS REVOLTAS DE ESCRAVOS E A AMBICIÓN DE PODER

- A Rebelión de escravos de Espartaco 73 a.C.

       Xa houbera varias revoltas no sur de Italia onde había maior concentración de escravos, pero un escravo tracio chamado Espartaco provocará o terror en Roma ao derrotar a varios exércitos. Despois dun tempo de incertidume, unha acción conxunta de Craso e de Pompeio rematará coa súa intención de abandonar Italia. Miles de escravos serán crucificados.

- A Conxuración de Catilina 63 a.C. contra Cicerón.

       Un intento de golpe de estado por parte deste líder ambicioso dos populares chamado Catilina que estivo a punto de aniquilar ao cónsul electo Cicerón, dos optimates, que descubrirá a conspiración no propio Senado pronunciando un famoso discurso “As Catilinarias”. Non sería o último dos disturbios nunha situación caótica.

O PRIMEIRO TRIUMVIRATO ( Do 60 a.C. á morte de César)

Tres homes (trium - viri) importantes personaxes van pactar en segredo repartirse o poder en Roma. Eran Craso (o home máis rico de Roma grazas aos negocios do comercio consecuencia das conquistas e vencedor de Espartaco), Pompeio (o delfín dos optimates con gran poder no exército) e César (sobriño de Mario, o único que escapara sendo un neno da persecución de Sila e que tras unha campaña na Gallaecia era líder dos populares).

       Tras casar a súa filla, Iulia, con Pompeio, César logra o mando dunhas lexións para iniciar unha empresa cunha tripla finalidade (sona en Roma, diñeiro e un exército fiel).

       Nace así a denominada Guerra das Galias (foi un escrito de César, unha crónica que vai editando por entregas en Roma mentres el está fóra durante os 8 anos que durou guerra de conquista do territorio celta, aproveitando as desputas internas e os conflitos cos xermanos). Pero en Roma, primeiro morreu Craso e logo a propia filla de César. Entre os senadores romanos foron medrando os temores a un novo Mario e deciden nomear cónsul único a Pompeio no ano 52. Este ordena que César, rematada a conquista volva a Roma, licenciando aos seus exércitos. Pero César decide cruzar o Rubicón, río do Norte de Italia como xefe das súas tropas pronunciando a frase “alea, iacta est” (a sorte está botada), co que declaraba a guerra ao Senado e a Pompeio. De novo unha guerra civil na que vencería César no ano 48 a.C.

Os idus de Marzo

       César aproveitou a situación inestable de Exipto para axudar a Cleopatra (coa que chega a ter un fillo, Cesarión).
No ano 44 a.C. no Idus de marzo, como xa comentamos César será asasinado no Senado, abríndose un novo período de guerra civil entre os seus partidarios Marco Antonio á cabeza e os seus asasinos Bruto e Casio, entre eles.

  O Segundo Triunvirato: Unha nova Guerra Civil

-          Un novo triunvirato: Aniquilados os asasinos de César, Marco Antonio, Lépido (outro dos xenerais de confianza de César) e Octavio Augusto (sobriño de César) conforman un segundo triunvirato para gobernar.


-           Pero axiña rachará o acordo e tras da morte de Lépido, Octavio e Marco Antonio,o novo amante de Cleopatra, emprenden unha Guerra Civil que rematará co triunfo do que será o primeiro emperador de Roma: Octavio, que gobernará co nome de Augusto (27 a.C.)

Comeza unha época de esplendor do Imperio Romano consecuencia da SOCIEDADE DOS SERVI