xoves, 30 de setembro de 2021

KALENDAS OCTOBRIS

 


Unicus modus ad exercitium libertatis ambulandum est in libertate ambulare.
(Clara Campoamor)

                           Sufragium mulieris victoria omnibus est.

ITALIA, MATER TERRA LINGUAE LATINAE.

 


Falaremos a seguir da terra onde nace e medra inicialmente o latín. Estudaremos a situación lingüística que se daba no momento no que nace o latín e para complementar isto abordaremos tamén a xeografía desta península tan peculiar.  

ITALIA  ANTIQUA

ITALIA

martes, 28 de setembro de 2021

QUAE MATER LINGUAE LATINAE EST? (II)

 


Non existe ningunha dúbida sobre a paternidade da lingua latina, pero si que hai máis incertidume sobre  o lugar de orixe  da lingua nai do latín.  Onde podemos dicir que se sitúa o núcleo orixinario da lingua indoeuropea?  Sobre estas cuestións imos falar de seguido. Comecemos por abordar a proposta máis tradicional antes de seguir tirando do fío.

A HIPÓTESE MÁIS TRADICIONAL SOBRE O NACEMENTO DO LATÍN


sábado, 18 de setembro de 2021

NUMERI ET LITTERAE

 



NUMERI

 Os dedos da man, como moitos de nós fixemos de pequenos, serviron aos romanos para estilizalos e dar lugar aos famosos números I, II, III e tamén IIII que normalmente escribían así e non tanto IV.

A man aberta (catro dedos unidos e o pulgar separado) disque dá lugar ao cinco: V. 

Os números restantes proceden de letras do alfabeto grego que os romanos non usaban. O número 10= X procede da letra grega "khi" son que non había en latín. 

A letra grega Ψ"psi" foise volvendo angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L= 50.

O Θ"theta" grego foise abrindo e perdendo o guión central ata seren C = 100.

O D = 500 deriva da metade da letra Φ"phi" que se foi abrindo ata chegar a seren un M = 1000.

Regras

Os números romanos:

-          Lense de esquerda a dereita e de maior a menor.  MDXIII. = 1513

-          Un símbolo seguido doutro de igual valor: suma.   MM = 2000

-          Un símbolo de valor menor á esquerda doutro: resta.  CM= 900

-          Os símbolos V. L, D sempre suman. Nunca poden estar á esquerda dun de maior valor para restarse.

-          Os símbolos I, X, C , M poden repetirse ata 3 veces (sempre suman e o IIII tamén pode aparecer) Só se pode restar unha vez.

-          Os símbolos V, L, G non pode repetirse.

-          Só se pode restar:

·         I pódese restar a V e X

·         X pódese restar a L e C

·         C pódese restar a D e M


O Xénero dos números

Non todos os números teñen un xénero definido, pero os tres primeiros si. Unus,-a,-um.  claro está, é sempre singular. E dous e tres, etc... son plurais.

Unus, una, unum   /   masculino unus lupus,  feminino: una insula,  neutro: unum oppidum

Duo lupi, duae insulae, duo oppida

Tres lupi aut insulae, tria oppida

A partir do catro só presenta os numerais unha única forma_ 

Quattuor, quinque, sex, septem, octo, novem, decem,

 undecim, duodecim, tredecim, quattuordecim, quindecim, sedecim, septendecem

OLLO!  Fíxate a diferenza co noso idioma no    18 – duodeviginti e  19 – undeviginti


Decenas, centos e miles: 

20 – viginti

30 – triginta

40 – quadraginta

50 – quinquaginta

60 – sexaginta

70 – septuaginta

80 – octoginta

90 – nonaginta

100 – centum

1 000 – mille


De numeri et litterae...

Quinque lupuli sunt lupae,

quinque lupuli tras motum scopae!

Quinque sunt, quinque habebat,

magis parvulo mamulam tenebat!

 

Quinque lupuli sunt lupae,

quinque lupuli tras motum scopae!

quinque sunt, quinque amabat,

nigros et albos omnes curabat!


LITTERAE

Imos coñecer agora as letras do alfabeto latino. O alfabeto latino xa sabedes que deriva do grego a través do etrusco. Cales eran logo esas litterae como se len? 



Imos ver pois algunhas regras importantes de pronunciación do latín clásico.


Para rematar leamos o seguinte texto:

 

VIVAMVS, MEA LESBIA, ATQVE AMEMVS

RUMORESQVE SENVM SEVERIORVM

OMNES VNIVS AESTIMEMVS ASSIS.

SOLES OCCIDERE ET REDIRE POSSVNT

NOBIS, CVM SEMEL OCCIDIT BREVIS LVX,

NOX EST PERPETUA UNA DORMIENDA.

DA MI BASIA MILLE, DEINDE CENTVM,

DEINDE MILLE ALTERA, DEIN SECVNDA CENTVM,

DEINDE VSQVE ALTERA MILLE, DEINDE CENTVM.

DEIN, CVM MILIA MULTA FECERIMVS,

CONTVRBABIMVS ILLA, NE SCIAMVS

AUT NEQVIS MALVS INVIDERE POSSIT

CVM TANTVM SCIAT ESSE BASIORUM.

                                                             Podedes comprobar como se lería aquí 

martes, 14 de setembro de 2021

ITER IDENTITATIS

 


Comeza o curso de Latín baixo o lema: ITER IDENTITATIS, que significa  "o camiño da identidade".

Partindo do noso adentrarémonos decididos a abrir novos camiños que nos permitan indagar que herdamos dos romanos, sendo como somos habitantes dunha das Finis Terrae da grande Europa. Veremos a que conclusións chegamos andando polo camiño da lingua e da cultura que trouxeron e asentaron aquí os fillos da loba hai 2000 anos. 

    

GALLAECIA NOSTRA TERRA EST.