xoves, 16 de decembro de 2021

ALTERI CANTICI NATALIS

 Na antigüidade  había dous lugares para comunicarse coas divinidades:

O primeiro era o fanum, un lugar sen construcción, un espazo natural máxico onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) . Logo debemos interpretar por exemplo que mellor que culto ás árbores sería culto nas árbores! Entedemos que alí onde se manifestaban os deuses, deixábanse as ofrendas para lograr un voto ou petición a cambio.

O segundo lugar foi o templum, que era  xa unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas máis antigas que o edificio e asociadas a ese novo espazo acondicionado para o culto.

 A ÁRBORE DE NADAL  unha árbore perenne (de per annum) cargada de símbolos. Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol invictus, pero tamén a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, neste caso simbolizados nos agasallos e outros adornos que colocamos.  Con este costume levamos o fanum ou o templum ás nosas casas. 


O abies, O abies

In alto regnas monte

O, abies, O, abies!

In alto  monte regnas!

 

Non desunt tibi fólia

hieme frigidíssima!

O, abies, O, abies!

in alto monte regnas.

O, abies, O, abies !

Natalem nuntias Diem

O, abies, O, abies!

in alto regnas monte

 

Est máxima laetitia

Cum luces, arbor spléndida

O, abies, O, abies !

Natálem nuntias Diem.



Puer natus in Bethlehem. Alleluia

unde gaudet Hierusalem. Alleluia, alleluia

In cordis iubilo Christum natum adoremus

cum novo cantico.

Assumpsit carnem Filius. Alleluia

Dei Patris Altissimus. Alleluia, alleluia

In cordis iubilo Christum natum adoremus

cum novo cantico.

In hoc natali gaudio. Alleluia

benedicamus Domino. Alleluia, alleluia

In cordis iubilo Christum natum adoremus

cum novo cantico.

Laudetur Sancta Trinitas. Alleluia

Deo dicamus gratias. Alleluia, alleluia

In cordis iubilo Christum natum adoremus

cum novo cantico.

mércores, 15 de decembro de 2021

NATALIS ET SOLSTITIUM... SOL INVICTUS, VENITE ADOREMUS

 Imos entrar no Solsticio Sol stitium ( de sol e o verbo sto: "estar quedo, deterse": Sol estático, detido) que tivo de vello varias interpretacións de corte mitolóxico-relixiosas.

A festa dos Romanos estaba dedicada ao SOL INVICTUS que logo sería asumida e modificada pola do nacemento de Cristo, NATALIS,  o NADAL, cando o Cristianismo foi relixión oficial, aínda así o Calendario medieval cargado de vellos elementos motolóxico-relixiosos doutras culturas indoeuropeas fará pervivir curiosos ritos que chegaron aos nosos días de distintas formas. 

 Reparemos logo na transcendencia desta data especialmente para esta parte Europea e Mediterránea do conxunto do planeta do ciclo das Trece Lúas...

Nós o primeiro de todo imos cantar un coñecido vilancico en latín: VENITE ADOREMUS