Amosando publicacións coa etiqueta MAGISTRA VITAE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAGISTRA VITAE. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de xaneiro de 2023

DA MONARQUÍA Á REPÚBLICA ROMANA

 


Imos repasar e á vez afondar os contidos que xa traballamos en 3º da ESO en Cultura Clásica e que agora teremos que asentar e ampliar para comezar o noso camiño pola historia de Roma. 

Habitualmente facemos fincapé nas mulleres e deusas á hora de contar as orixes de Roma na que son os homes os que tradicionalmente a protagonizan:

PRÍAMO/ ANQUISES... ENEAS... IULO ASCANIO... MARTE... RÓMULO E REMO

mais nos saberemos quen son tamén: 

HÉCUBA/ VENUS-  CREÚSA- DIDO- LAVINIA... REA SILVIA...HERSILIA.

 Un historiador latino denominado Tito Livio escribiu un libro titulado  AB URBE CONDITA ( dende a fundación da cidade, pero antes debemos repasar e saber moi ben o que pasou previamente a que se fundase a cidade. Mito e historia mestúranse e imos ir separando un de outra á vez que trazamos un relato que no mito dura sete xeracións desde a creación de Alba Longa, a primeira capital coñecida do Lacio. 

 

AS MULLERES NO NACEMENTO DE ROMA

Aínda que pareza unha broma, non o é. Este é o título que lle imos dar a este primeiro proxecto en grupo para traballar de xeito ben diferente ao tradicional a Fundación da Roma  Quadrata: teremos moi en conta o punto de vista feminino neste conxunto de relatos que, como en tantas outras ocasións, esquece ás mulleres. Propoñemos que en grupos realicedes un power point para expoñer unha investigación sobre o seguinte tema: AS MULLERES NO NACEMENTO DE ROMA. Como llo contaríamos dun xeito orixinal aos compañeiros e compañeiras de Cultura Clásica? Primeiro temos que investigar para saber, logo estruturar o traballo e procurar unha boa presentación finalmente.


INVESTIGATIO (ampliando e complemetando o xa visto en 3º da ESO)

I- O punto de partida serán as tres mulleres de Eneas e os manexos da deusa Venus: Creúsa, Dido e Lavinia.

II- A nai de Rómulo e Remo, Rea Silvia merece tamén unha interesante e contundente reflexión.

III- Logo virá a cuestión da famosa loba, que hai quen di que era realmente unha muller denominada "lupa", si, unha prostituta. As nais adoptivas de Rómulo e Remo precisan unha pequena investigación: o nome de Lupa, Luperca ou o de Larentia a muller de Faústulo, que poucas veces é citada.

 

Representación do Río Tiber

IV- Outra reflexión en paralelo que hai que realizar é o nome e a personalidade masculina do río Tiber, (hai quen afirma que o nome orixinario, máis primitivo do río era Álbula, que parece feminino, investiga porque se lle cambiou o nome). Logo o nome polo que coñece todo o mundo a este río, Tiber, puidera ter algo que ver co propio nome da cidade que nace a súa beira, Roma (os nomes de cidades son normalmente femininos), xa que a palabra etrusca "rumón" significa río.

V- O capítulo máis violento despois, iso si, de decidirse quen era o rei (do que están ausentes as mulleres), se Rómulo ou Remo, e despois do ritual da Roma Quadrata do monte Palatino. Trátase do rapto das Sabinas, un dos primeiros actos que Rómulo realiza como rei no que non debemos esquecer a famosa e terrible anécdota de Tarpeia.

VI- Como ben sabemos os mitos son en boa medida ficción, non hai máis que ver o protagonismo marcadamente machista destas lendas da fundación. Pero que hai de real no que nos contan. como foi o nacemento de Roma segundo a historia e a arqueoloxía?

VII- Contan que Roma tivo sete reis e que se funda sobre sete colinas, pero será unha muller a que remate coa monarquía romana!

xoves, 26 de novembro de 2020

MULIERES AB URBE CONDITA

 Imos estudar o comenzo entre lendario e histórico de Roma. pero ímolo facer dende a óptica feminista procurando indagar sobre os mitos e os feitos que teñen como protagonistas a unha serie de mulleres romanas certamente diganas de ser coñecidas, normalmente son marxinadas destas historias para cederlle o protagonismo aos homes. Nós imos facer ao revés e, ademais, entramos na historia de Roma cunha visión crítica que no spermite achegarnos mellor á realidade. Imos aló!

- MULIERES  AB URBE CONDITA

domingo, 5 de febreiro de 2017

DA ROMA QUADRATA

CUESTIONARIO "AB URBE CONDITA"(dende a fundación da cidade)

I-NOMINA
Tras instalarse no Lacio Eneas fundou a cidade de ...........
Amulio foi un dos reis da cidade de.................
Rea Silvia foi obrigada a converterse en vestal polo seu tío...................
O pastor que recolleu aos xemelgos chamábase.................
Larentia, esposa do pastor que recolle aos xemelgos, pode ser confundida coa ..............
Rómulo estableceu os límites da cidade de Roma na colina do .......................
Rómulo divinizado foi asimilado ao deus.......................

II-RELIGERE
Tito Tacio                           Ascanio
Lupa                                  Palatino
Amulio                              Quirinus
Roma Quadrata                   Rea Silvia
Rómulo                              Rei sabino
Eneas                                 Larentia


III-IN ORDINE
Rómulo asimilado a Quirinus
Fundación de Alba Longa
A loba aleita aos xemelgos
Saída de Eneas da cidade de Troia
Rea Silvia e Marte manteñen unha relación
Rapto das sabinas
Morte de Remo
Trazado da cidade por parte de Rómulo.

IV- INVESTIGATIONES

Quen era Larentia?

Quen era Quirinus? Fíxate na ilustración na que Marte incorpora a Rómulo ás divindades.

Que pasou entre os Horacios e os Curiacios? Usa as imaxes para explicar os feitos.


xoves, 24 de novembro de 2016

As mulleres no nacemento ou fundación de Roma

NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Aínda que pareza unha broma, non o é. Este é o título que lle imos dar a este primeiro proxecto en grupo para traballar de xeito ben diferente ao tradicional a Fundación da Roma  Quadrata: teremos moi en conta o punto de vista feminino neste conxunto de relatos que, como en tantas outras ocasións, esquece ás mulleres. Propoñemos que en grupos realicedes un power point para expoñer unha investigación sobre o seguinte tema: AS MULLERES NO NACEMENTO DE ROMA. Como llo contaríamos dun xeito orixinal aos compañeiros e compañeiras de Cultura Clásica? Primeiro temos que investigar para saber, logo estruturar o traballo e procurar unha boa presentación finalmente.

INVESTIGATIO

I- O punto de partida serán as tres mulleres de Eneas e os manexos da deusa Venus: Creúsa, Dido e Lavinia.

II- A nai de Rómulo e Remo, Rea Silvia merece tamén unha interesante e contundente reflexión.

III- Logo virá a cuestión da famosa loba, que hai quen di que era realmente unha muller denominada "lupa", si, unha prostituta. As nais adoptivas de Rómulo e Remo precisan unha pequena investigación: o nome de Lupa, Luperca ou o de Larentia a muller de Faústulo, que poucas veces é citada.

Representación do Río Tiber
IV- Outra reflexión en paralelo que hai que realizar é o nome e a personalidade masculina do río Tiber, (hai quen afirma que o nome orixinario, máis primitivo do río era Álbula, que parece feminino, investiga porque se lle cambiou o nome). Logo o nome polo que coñece todo o mundo a este río, Tiber, puidera ter algo que ver co propio nome da cidade que nace a súa beira, Roma (os nomes de cidades son normalmente femininos), xa que a palabra etrusca "rumón" significa río.

V- O capítulo máis violento despois, iso si, de decidirse quen era o rei (do que están ausentes as mulleres), se Rómulo ou Remo, e despois do ritual da Roma Quadrata do monte Palatino. Trátase do rapto das Sabinas, un dos primeiros actos que Rómulo realiza como rei no que non debemos esquecer a famosa e terrible anécdota de Tarpeia.

VI- Como ben sabemos os mitos son en boa medida ficción, non hai máis que ver o protagonismo marcadamente machista destas lendas da fundación. Pero que hai de real no que nos contan. como foi o nacemento de Roma segundo a historia e a arqueoloxía?

VII- Contan que Roma tivo sete reis e que se funda sobre sete colinas, pero será unha muller a que remate coa monarquía romana!


O traballo terá como finalidade primeira coñecer de xeito crítico os mitos e lendas que rodean a Fundación de Roma, poñendo, claro está,  o acento na visión da muller que traslocen. Deberá ser exposto na aula, tras unha revisión de contidos e posta a punto por parte do profesor. A creatividade, o aporte de ilustracións pertinentes e, sobre todo, a agudeza na investigación e análise dos distintos apartados serán fundamentais para avaliar o mesmo. 

Nota: Non esquecer incluír a bibliografía consultada.