xoves, 31 de marzo de 2022

CORPUS HUMANUM


Traballamos sobre un texto sinxelo con palabras da 3ª declinación:

 Texto praa  traducir: CORPUS HUMANUM






mércores, 30 de marzo de 2022

DA SOCIEDADE DA GENS

Como nos contan tradicionalmente a historia de Roma?

 Como a imos contar nós? 

Os idus de marzo      

  Como podedes comprobar no apartado de IDUS E KALENDAS situamos a morte de Xulio César nos idus de marzo como introducción inicia ao achegamento á historia de Roma.

        Pregunta básica: Por que mataron a César? Provoca unha reflexión sobre a historia romana centrándonos no momento álxido da crise da República no ano 44 a.C.

       Esta historia que agora ides reelaborar, tentará por unha banda lembrar a división tradicional da historia de Roma estudada en cursos anteriores aquilo de: MONARQUÍA, REPÚBLICA e IMPERIO, para acto seguido poñer en cuestión esta visión divindindo este período da Historia da Antiga non por sistemas de goberno, senon polo verdadeiro motor da historia, a socio-economía, é dicir, Roma pasou da sociedade da GENS (onde a linaxe era fundamental para a estrutura social de Roma)á sociedade dos SERVI (isto é ESCRAVISTA) pois vai ser o "servus", o escravo, o motor desta etapa (un de cada tres habitantes de Roma será un escravo).

A SOCIEDADE DA GENS EN ROMA

Estudaremos en primeiro lugar a Sociedade da Gens romana nos momentos máis críticos desta etapa: O paso da Monarquía á República.  

A MONARQUÍA ROMANA

       A primeira etapa da Historia a denominada monarquía romana que navega entre capítulos pseudomitolóxicos e lendarios como o referido a Rómulo e Remo , por exemplo, ou ao Rapto da Sabinas. Pero debemos saber que en realidade hai unha diferenza substancial entre as clases existentes na primeira Roma fundada por pastores, posiblemente os patricios á beira do río Tíber e aproveitando as importantes rutas comerciais que facían do lugar un lugar estratéxico de interese onde se asentan tamén novos poboadores, posiblemente os plebeos.

       Os patricios contan con todos os dereitos políticos fronte aos plebeos que aínda que son considerados habitantes da cidade están desprovistos de dereitos políticos. Son os patricios os que gobernan e escollen ao rex. O rei que acaparaba todos os poderes o civil, o xudicial, o militar e o relixioso na súa persoa tiña carácter vitalicio e era escollido nunha asemblea só de patricios chamada "comitia curiata", deixándose aconsellar de cando en vez polos máis vellos e experimentados patricios, un consello de anciáns denominado Senatus (senex en latín significa vello).

Do 753 ao 509 a.C. din que houbo 7 reis en Roma, catro de linaxe albano-sabina e tres de orixe etrusca.

- No cambio de sistema de goberno: Da Monarquía á República ano 509 a.C. 


DA MONARQUÍA Á REPÚBLICA

       SPQR, non significa San Pedro Quere Rosquillas, senón o Senatus PopulusQue Romanum (o Senado e mais o Pobo de Roma).

       Foi efectivamente o Senado quen asumiu tras a expulsión do último Rei de Roma e dos Etruscos o poder efectivo na cidade que acababa de derrotar a unha civilización, a Etrusca, que en boa medida era parte do seu ser. Roma non era só a capital do Lacio, a zona central de Italia, viña de facerse dona dunha boa parte do norte da Península.

       Os senadores, ese consello de anciáns, determinaraon escoller para gobernarse aos magistrati, cargos políticos e militares que tiñan unha duración limitada: 1 ano case todos eles, e eran cargos colexiados, é dicir, que o desempeñaban dúas ou máis persoas á vez.

       Tamén repartiron os poderes nos distintos cargos dos maxistrados que non cobraban eran o cursus honorum.



O CURSUS HONORUM: A carreira política

     Cargos CUM IMPERIUM. Os máis importantes e aos que se accedía despois de pasar polos outros de menor importancia) eran:

- Consules (político-militar)  Cargo que duraba 1 ano e eran sempre dous.

- Praetores (xudicial)

  Estes eran escollidos nos Comitia Centuriata (asemblea con maioría de patricios)

       Os cargos SINE IMPERIUM son:

- Aediles (goberno do municipio)

- Quaestores (administración da facenda).

   Estes eran escollidos nos Comitia Tributa (asemblea com maioria plebeos)

       Quen decidía quen podia votar?

Uns cargos especiais serían os Censores (que duraban 5 anos por ser os que nese período comprobaban os recursos económicos para elaborar o padrón de votantes nos comitia ou censo). Escollidos entre os ex-consules, é dicir, entre os patricios.



Para logo reparar en como evoluciona na Sociedade da Gens que conformaban os Patricios a lenta incorporación dos Plebeos. 

A LOITA POLA IGUALDADE ENTRE PATRICIOS E PLEBEOS

Loita pola equiparación de dereitos patricio-plebea. Ao pouco de proclamada a República os Plebeos inician unha longa carreira pola obteción de dereitos políticos dos que estaban exentos.

       Comezou no ano 494 cunha Folga xeral. Os plebeos marchan ao monte Sacro ameazando aos patricios con segregarse de Roma. A cidade quedou colapsada e os patricios acordaron que os plebeos tivesen uns maxistrados propios os "tribuni plebis" con dereito a veto sobre calquera actuación do Senado e dos outros maxistrados que serían escollidos nos "concilia plebis", unha asemblea só de plebeos.Tampouco serían feitos escravos polo impago das débedas.

        No 451 a reivindicación lévase ao terreo das leis, solicitan os plebeos que estas sexan escritas para evitar malas interpretacións que favorezan as irregularidades. O código de leis coñecido como "Lei das XII Táboas". Unha das leis inxustas era a de non poder casar entre patricios e plebeos, este dereito foi aprobado no 440.

Finalmente os plebeos mellor situados economicamente foron accedendo a cargos políticos tradicionalmente nas mans dos patricios. No ano 342 por vez primeira dous plebeos foron cónsules. A equiparación de dereitos estará plenamente conquerida no 287 a.C. cando o Senado recoñece forza de lei ás decisións das asambleas da plebe e mesmo admite que prevalezan sobre as súas decisións. Os patricios e os plebeos ricos vanse entender xa e situación das clases sociais en Roma está xa cambiando, o que vai derivar na segunda etapa da república, a da crise que coincide no tempo co comezo das conquistas romanas fóra de Italia, outro factor desestabilizador da sociedade da gens, esta que caracteriza tanto monarquía como á primeira etapa da República.

       As dúas etapas nas que se adoita dividir a República Romana, que durou do 509 ata o 27 a.C., son:

- Loita pola equiparación de dereitos patricio-plebea (ata o 287 a.C)

- Crise da República a partir das Guerras Púnicas (264-146 a. C.) do século III-II a.C. OLLO: Comezo da expansión de Roma fóra de Italia coa que Roma cambiará de status cara á SOCIEDADE DOS SERVI






xoves, 24 de marzo de 2022

MATRIMONIUM nos tempos CAESAR

 Para rematar a semana, antes de rematar o mes da muller e recuperando a tradución dunha interesante lápida parlante romana que fixemos o 8 de marzo, abordamos a visión de xénero na época de Iulius Caesar:


A MULLER NO MATRIMONIO ROMANO É,  ANTE TODO,  UN VENTRE

Para quen é nobre e notable, contraer matrimonio en Roma equivale a unirse a outra familia influínte e nobre. Os pais organizan as vodas dos seus fillos, sen contar coa opinión dos interesados. A muller, ao casar pasa de estar supeditada á autoridade do seu pai a ficar baixo a do seu marido. O se cometido consiste en ser fértil e ocuparse dos labores da casa. Ao final da República Romana, mellora a situación da muller casada, que pasa a ser "independente" desde o punto d evista moral e económico. Nesta época, é moi frecuente que os romanos casen unha ou máis veces, repudien ou se divorcien, máxime nunha sociedade na que as alianzas e amizades adoitan durar pouco. 

Catón (un orador deste período) escribe a este respecto: "ë intolerable que se prostitúa a autoridade pública a través de alianzas matrimoniais e que se utilice ás mulleres para que uns cantos compadres se distribúan provincias, armas e poderes."

Tanto Pompeio  como César tiveron varias esposas: O primeiro casa con Iluia, filla do segundoe, á morte desta, Cesar pide a man da filla de Pompeio a cambio de entregarlle a súa sobriña neta en matrimonio; Pompeio rexeita o ofrecemento e casa coa viúva de Craso, un dos homes máis ricos de Roma e un dos seus mellores amigos.

O amor en Roma dá unha imaxe tal de depravación que cabería preguntarse se existe a fidelidade conxugal. En público, os romanos deben comportarse pudicamente: non podían bicarse. Pero en casa, o amo desquítase cos seus escravos, xa sexan homes ou mulleres. Os esposos a miúdo profesan indiferencia mútua, e cada un vive a súa vida, aínda que coidando de que non saia á luz ningún escándalo. En Roa, todo o mundo búrlase dos amoresde Pompeio, pois, reiteradamente xura que atopou a súa media laranxa, e amosase en público cal adolescente que vive o seu primeiro amor. Polo xeral, valórase máis o sexo que o amor.

                                                           (Do libro de Charlotte Bernard e Claudius: César y Roma) 

CUESTIONARIO:

1- Investiga sobre o Escándalo da BONA DEA

2- Relaciona o que neste texto de Charlotte Bernard co que se deduce do rol nda muller na lápida parlante de Claudia

luns, 14 de marzo de 2022

IDUS DE MARZO



 Que son os Idus de Marzo? 


  Habitualmente se subliña a destreza militar de Xulio César nos campos de batalla, pero nós imos destacar, en primeiro lugar, a súa capacidade como orador:  Os discursos de César: 

luns, 7 de marzo de 2022

CONTIDOS 2ª Avaliación

  GRAMÁTICA

- Repaso da 1ª e 2ª declinación (adxectivos) 

- Repaso dos Verbos en latín: Presente, Imperfecto, ademais do Futuro e Pretérito

- TERCEIRA DECLINACIÓN

Temas en consonante  (Substantivos)

Temas en .i (Substantivos)

CULTURA

- FEBRUARIUS

- MARCIUS E O CALENDARIO Á ROMANA


TRADUCIÓN

Quid faciunt homines et mulieres?

DIE MULIERIS

 DIE MULIERIS 

 No día da Muller:

    1- Traduce este texto. Que tipo de texto cres que é?  

Logo pasa a reflexionar sobre o seu contido:

Hospes, quod dico paullum est, asta ac pellege.

Hic est sepulcrum hau pulchrum pulchrae feminae.

Nomen parentes nominarunt Claudiam.

Suum maritum corde dilexit suo.

Gnatos duos creauit. Horum alterum

in terra linquit, alium sub terra locat.

Sermone lepido, tum autem incessu commodo.

Domum servavit. Lanam fecit. Dixi. Abi.


VOCABULA

abi: imperativo do verbo abeo: marchar.

ac= et conx. e

alius,-a,-ud (pron. Outro)

alter, altera, alterum, (indefinido)  “un”

asto, as, are: deter(se)

commodus,-a,-um: comedido, sen esaxeracións

cor, cordis(n) corazón

creo,-as-are- avi: crear, enxendrar

dico, is, ere,dixi: dicir

diligo, -is,-ere, dilexi: amar

domus,-i (f). Casa

facio,-is,-ere, feci: facer( tecer)

femina, -ae(f): muller

gnatus, i: (m) fillo

haud: adv. non

hic: adv. aquí.

horum ( “destes” xenitivo plural de hic, haec, hoc: este)

hospes, -itis: estranxeiro

incessu: de paso, de andar

lana,-ae: (f) la (tecido desta materia)

lepidus,-a,-um: lixeiro, agradable

linquo,-is,-ere, linqui: deixar.

loco,-as,-are,-avi: colocar

marirtus,-i: (m)marido

nomen-inis(n) nome

parens, parentis (m e f): pai e nai

paullus,a,um: pouco

perlego, -is, ere: Ler por completo.

pulcher,-chra, -chrum: fermoso

sermo,-onis(m) conversa

sepulcrum,- i ( n) sepulcro

servo.-as-are,-avi: coidar, atender

tum autem “ ademais”