martes, 8 de novembro de 2016

VERBA

Como xa levamos un tempo considerable traducindo ser entrar en detalle cos verbos, imos coñecer hoxe as 4 conxugacións e os temas ou raíces regulares.

CONIUGATIONES: Imos comezar coas 4 conxugacións do verbos en latín (podemos dicir que existe unha 5 conxugación denominada "mixta"que, como di o seu nome, é mestura da 3 e da 4, pero que estudaremos máis adiante). Comezaremos coa voz Activa e co presente e o imperfecto de indicativo. Fíxate nas raíces como rematan:
1ª  verbos con raíz en -A: AMA-
2ª verbos con raíz en -E: MONE-
3ª verbos con raíz en Consonante: DIC-
4ª verbos con raíz en -I: AUDI-

Existe tamén unha conxugación denominada 3ª mixta ( porque é coma unha mestura entre a 3ª e a 4ª )
CAPIO, -IS,-ERE que presenta na raíz un "i" como na 4ª, pero como é un "i" breve algunha vez se converte en "e" (por exemplo no infinitivo (capere).

COMO IDENTIFICAR AS RAÍCES E AS CONXUGACIÓNS:


THEMAS: Nos dicionarios de latín os verbos enúncianse así:
1ª amo,-as,-are, amavi, amatum, do que deducimos 3 temas ou raíces: ama-, amav-, amat-.
2ª moneo,-es,-ere,monui, monitum, do que deducimos 3 temas: mone-, monu-, monit-.
3ª dico, -is, -ere, dixi,dictum, do que deducimos 3 temas: dic-, dix-, dict-.
4ª audio,-is,-ire, audivi,auditum, do que deducimos 3 temas: audi-, audiv-, audit-.

TERMINATIONES PERSONALES: As desinencias que xa vimos usando para traducir dun xeito inconsciente imos agora a memorizalas:
             SING.         PLURAL
1ª pers.  -o/-m            -mus
2ª  pers.   -s                 -tis
3ª  pers.   -t                  -nt

                                                       PRAESENS INDICATIVUS

                                                                                                                                                       IMPERFECTUS INDICATIVUS

QUAESTIONES:
1-Lembra que ademais de verbos regulares vai a haber irregulares como o verbo 
sum (ser, estar): Como era o presente de indicativo deste verbo? Como será o imperfecto se a primeira persoa é : era-m?
2- Observa o seguinte cadro coa análise morfolóxica dos presentes da terceira e cuarta conxugación. Logo realiza un cadro semellante para os seguintes verbos. Fíxate antes na conxugación á que pertencen:  
Intro,-as, -are.
Habeo,-es, -ere.
Lego,-is, -ere.
Venio,-is, -ire.

3- Conxuga agora os seguintes verbos en Imperfecto de indicativo, fíxate ben nas raíces para podelo facer ben, xa sabes que nalgunhas ocasións hai que utilizar vogais de unión ( neste caso un -e-)

Intro,-as, -are.
Habeo,-es, -ere.

Dico,-is, -ere.
Venio,-is, -ire.

Ningún comentario:

Publicar un comentario