QUINTA DECLINATIO. Temas ou raíces femininas en -e. Unha declinación defectiva (poucas palabras e algunhas non presentan todas as formas de plural). Semellante á primeira declinación.
acies-ei (f): formación de batalla. res- ei (f): asunto, cousa. Dies. -ei adoita ser masculino, pero pode ser tamén en feminino unha data fixada como por exemplo:
Die constitutaCaesarmilitesin aciemeduxit. CC Sux. OD CC Vbo. No día establecido César conduciu aos soldados cara á formación de batalla.
O PRIMEIRO TRIUMVIRATO (
Do 60 a.C. á morte de César)
Tres homes (trium - viri)
importantes personaxes van pactar en segredo repartirse o poder en Roma. Eran
Craso (o home máis rico de Roma grazas aos negocios do comercio consecuencia
das conquistas e vencedor de Espartaco), Pompeio (o delfín dos optimates con
gran poder no exército) e César (sobriño de Mario, o único que escapara sendo
un neno da persecución de Sila e que tras unha campaña na Gallaecia era líder
dos populares).
•Tras casar a súa filla, Iulia, con
Pompeio, César logra o mando dunhas lexións para iniciar unha empresa cunha
tripla finalidade (sona en Roma, diñeiro e un exército fiel).
•Nace así a denominada Guerra das Galias
(foi un escrito de César, unha crónica que vai editando por entregas en Roma
mentres el está fóra durante os 8 anos que durou guerra de conquista do
territorio celta, aproveitando as desputas internas e os conflitos cos
xermanos). Pero en Roma, primeiro morreu Craso e logo a propia filla de César.
Entre os senadores romanos foron medrando os temores a un novo Mario e deciden
nomear cónsul único a Pompeio no ano 52. Este ordena que César, rematada a
conquista volva a Roma, licenciando aos seus exércitos. Pero César decide
cruzar o Rubicón, río do Norte de Italia como xefe das súas tropas pronunciando
a frase “alea, iacta est” (a sorte está botada), co que declaraba a guerra ao
Senado e a Pompeio. De novo unha guerra civil na que vencería César no ano 48
a.C.
Os idus de Marzo
•César aproveitou a situación inestable
de Exipto para axudar a Cleopatra (coa que chega a ter un fillo, Cesarión).
No ano 44 a.C. no Idus de
marzo, como xa comentamos César será asasinado no Senado, abríndose un novo
período de guerra civil entre os seus partidarios Marco Antonio á cabeza e os
seus asasinos Bruto e Casio, entre eles.
O Segundo Triunvirato: Unha nova Guerra Civil
-Un novo triunvirato: Aniquilados os
asasinos de César, Marco Antonio, Lépido (outro dos xenerais de confianza de
César) e Octavio Augusto (sobriño de César) conforman un segundo triunvirato
para gobernar.
-Pero axiña rachará o acordo e tras
da morte de Lépido, Octavio e Marco Antonio,o novo amante de Cleopatra,
emprenden unha Guerra Civil que rematará co triunfo do que será o primeiro
emperador de Roma: Octavio, que gobernará co nome de Augusto (27 a.C.)
Comeza unha época de
esplendor do Imperio Romano consecuencia da SOCIEDADE DOS SERVI
AS REVOLTAS DE ESCRAVOS E A AMBICIÓN DE PODER/
CAOS POLÍTICO
- A Rebelión de
escravos de Espartaco 73 a.C.
•Xa houbera varias revoltas no sur de Italia
onde había maior concentración de escravos, pero un escravo tracio chamado
Espartaco provocará o terror en Roma ao derrotar a varios exércitos.
Despois dun tempo de incertidume, unha acción conxunta de Craso e de Pompeio
rematará coa súa intención de abandonar Italia. Miles de escravos serán
crucificados.
- A Conxuración de
Catilina 63 a.C. contra Cicerón.
•Un intento de golpe de estado por parte deste
líder ambicioso dos populares chamado Catilina que estivo a punto de
aniquilar ao cónsul electo Cicerón, dos optimates, que descubrirá a
conspiración no propio Senado pronunciando un famoso discurso “As
Catilinarias”. Non sería o último dos disturbios nunha situación caótica.
O empobrecemento dos pequenos campesiños foi o detonante dos cambios na economía que estaba pasando a ser unha economía imperial Grandes territorios conquistados numerosos escravos o que facía que o trigo e outros produtos dos que vivían os pequenos campesiños itálicos pasasen a ser máis baratos consecuencia da mao de obra barata que eran os escravos. Como se solucionou o problema? Afondando na crise da República como veremos.
Do exército profesional á guerra civil
•Mario: Este xeneral de orixe
humilde, do partido dos populares, vencedor en varias guerras de conquista, foi elixido cónsul no 107
a.C, cargo que logo ocuparía en varias ocasións. Emprendeu unha reforma militar
consistente na profesionalización do exército, solucionando por unha banda o
problema de empobrecemento dos pequenos campesiños e abrindo, por outra, a porta
a que un xeneral, baixo as promesas de pagas e prebendas ao licenciarse,
procurase a fidelidade dos seus soldados e que se utilizasen os exércitos con
intereses particulares ditados pola ambición de poder.
Revoltas de aliados e a
guerra civil.
• Había un descontento dos aliados itálicos ante
a negativa de Roma de concederlles a cidadanía romana. Estas comunidades
organizaron un estado paralelo ao romano. O estado romano acabou cedendo ás
peticións dos aliados. A cifra global de cidadáns achegouse ao millón.
•Lucio Cornelio Sila era un optimate
descendente dunha familia patricia arruinada. Pero conseguira solucionar o
conflito cos aliados e foi elixido cónsul polos conservadores. Mario organiza
unha revolta e acaba expulsando a Sila da cidade. Pero Sila volverá vencedor
ocupando militarmente Roma por vez primeira. Nestes momentos, Roma tiña
problemas con Mitrídates VI, rei do Ponto, quen se apoderara da provincia de Asia
e parte de Grecia. Sila foi o encargado de solucionar a guerra contra este rei,
momento no que Mario volve a ocupar o poder. Á volta de Sila á cidade provoca
unha guerra civil (84 a.C) cos partidarios de Mario, aos que elimina un a un,
nomeándoselle logo dictator (con todos os poderes concentrados nunha persoa
durante tres anos). Sila contaba cun exército leal ao que recompensara cos
recursos obtidos de Oriente. Estableceu que as proposicións de lei dos tribunos
da plebe debían ser aprobadas polo Senado antes de proceder á súa votación na
asemblea do pobo.
Visualiza este vídeo e logo realiza os exercicios que se propoñen máis abaixo:
1- Copia a táboa coas desinecias para declinar as palabras da 4ª declinación do latín:
2- Dos seguintes substantivos identifica co teu declinator a que declinacion pertencen cada un. Pon especial atención en descubrir cales son da 4ª declinación:
COMEZA UNHA LOITA POLA EQUIPARACIÓN DE PODERES ENTRE PATRICIOS E PLEBEOS POR QUE?
Rematadas as Guerras Púnicas comeza o que coñecemos como a Crise da República. Miles de escravos produto da terra, un extenso territorio baixo o control de Roma e a ambición dos poderosos por aproveitarse da situación son tres elementos esenciais a ter en conta.
QUE ERA UN TRIBUNO DA PLEBE? Os maxistrados que defendían aos plebeos, escollidos polos propios plebeos e con poder de veto ás decicións do Senado eran realmente un contrapoder. Pero como lograran este tipo de maxistrados os plebeos? Non fora fácil. As primeiras concesións dos patricios foran aqurelas que lles arrincaran os plebeos cunha especia de folga e negarse a seguir loitando por Roma, mesmo ameazar con constituír unha cidadde aparte.
A DRAMÁTICA HISTORIA DE TIBERIO GRACO E O SEU IRMÁN CAIO GRACO.
Visualiza o seguinte documental e logo realiza un resumo de non menos dunha cara dun folio sobre o contido do mesmo, describindo as tres Guerras Púnicas, un dos feitos históricos máis determinantes dos cambios que se producirán durante a República romana. Para entregar na próxima clase.