A ÉPOCA DE MARIO E SILA:
O empobrecemento dos pequenos campesiños foi o detonante dos cambios na economía que estaba pasando a ser unha economía imperial Grandes territorios conquistados numerosos escravos o que facía que o trigo e outros produtos dos que vivían os pequenos campesiños itálicos pasasen a ser máis baratos consecuencia da mao de obra barata que eran os escravos. Como se solucionou o problema? Afondando na crise da República como veremos.
Do exército profesional á guerra civil
• Mario: Este xeneral de orixe
humilde, do partido dos populares, vencedor en varias guerras de conquista, foi elixido cónsul no 107
a.C, cargo que logo ocuparía en varias ocasións. Emprendeu unha reforma militar
consistente na profesionalización do exército, solucionando por unha banda o
problema de empobrecemento dos pequenos campesiños e abrindo, por outra, a porta
a que un xeneral, baixo as promesas de pagas e prebendas ao licenciarse,
procurase a fidelidade dos seus soldados e que se utilizasen os exércitos con
intereses particulares ditados pola ambición de poder.
Revoltas de aliados e a guerra civil.
• Había un descontento dos aliados itálicos ante a negativa de Roma de concederlles a cidadanía romana. Estas comunidades organizaron un estado paralelo ao romano. O estado romano acabou cedendo ás peticións dos aliados. A cifra global de cidadáns achegouse ao millón.
• Lucio Cornelio Sila era un optimate
descendente dunha familia patricia arruinada. Pero conseguira solucionar o
conflito cos aliados e foi elixido cónsul polos conservadores. Mario organiza
unha revolta e acaba expulsando a Sila da cidade. Pero Sila volverá vencedor
ocupando militarmente Roma por vez primeira. Nestes momentos, Roma tiña
problemas con Mitrídates VI, rei do Ponto, quen se apoderara da provincia de Asia
e parte de Grecia. Sila foi o encargado de solucionar a guerra contra este rei,
momento no que Mario volve a ocupar o poder. Á volta de Sila á cidade provoca
unha guerra civil (84 a.C) cos partidarios de Mario, aos que elimina un a un,
nomeándoselle logo dictator (con todos os poderes concentrados nunha persoa
durante tres anos). Sila contaba cun exército leal ao que recompensara cos
recursos obtidos de Oriente. Estableceu que as proposicións de lei dos tribunos
da plebe debían ser aprobadas polo Senado antes de proceder á súa votación na
asemblea do pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario