Hoxe imos rememorar un libro de Robert Graves e unha serie vella realizada pola BBC sobre a vída dun emperador, Claudio.
CUESTIÓN:
Atendendo a partir do minuto 33 aproximadamente deste derradeiro capítulo da famosa obra tenta reconstruír coas túas palabras o que acontece arredor da morte de Claudio indicando neste resumo ademais algo sobre Claudio e a súa obsesión por recuperar a Res pública, Británico e a súa toga viril, Agripina e o seu fillo Nerón e mesmo Narciso que funciona por momentos como narrador complementario.
Por que vemos este fragmento sobre Claudio, para dar comezo polo final ao noso estudio da Historia de Roma neste curso. Tentaremos chegar ata o memoneteo no que o Imperio Romano era o maior imperio do mundo, saber como se foi erguendo e coñecer os seus principais protagonistas.
Usando o declinator tenta agora traducir o seguinte texto:
Agora que xa coñecemos a primeira e a segunda declinacións podemos tamén comprender mellor outro tipo de palabras moi frecuentes nos textos que tamén se declinan: os adxectivos. Podemos ver como funcionan enADIECTIVUS (I)
LUPUS ET AGNUS Lupus et agnus in fluvii ripa aquam potabant. Superior stabat lupus longeque inferior agnus. Agnus parvus et innoxius erat, at lupi audacia magna erat. Agni et cervi lupos timent, nam lupi agnos saepe devorant. Agnus lupum videt et fugam temptat, sed lupus videt etiam agnum et causam iniuriae quaerit. - Tua causa -dicit- aqua turbida est.
At agnus respondet: - Tu potas superior et aqua decurrit a te.
Tamen lupus iniustus timidum agnum vulnerat et devorat.
Sic viri iniusti fictis causis viros infirmos et innoxios saepe opprimunt.
En Roma, como tamén na antiga Grecia, o recén nacido debía ser recoñecido polo pai, que lle impoñía o nome. Os nenos ou nenas que non eran recoñecidos (por ser ilexítimos, por exceso de fillos, por falta de recursos para crialos, por enfermidade, por ser nena...) eran abandonados: algúns deles eran recollidos por outras parellas ou simplesmente acollidos como escravos.
Nunha carta enviada a súa esposa dende Exipto Tiberio,un cidadán romano, padre preocupado polo parto inminente, dáballe as seguintes indicacións:
"Prégoche que coides do neno e se recibo axiña a miña paga, enviareicha de contado. Se tes o neno antes da miña volta e é varón, déixao vivir; se é unha nena, expona" (Papiro de Oxirrinco 744)
Se o pai non aceptaba ao recén nado e procedía ao abandono do fillo ou filla que se denominaba expositio. Pero cando o pai romano recoñecía ao seu fillo ou filla facíao oficial ao oitavo ou noveno día do nacemento no transcurso dunha cerimonia familiar coñecida como lustratio. Consistía este rito en erguer ao neno do chan, purificalo e colocarlle ao redor do pescozo un amuleto (bulla se era un neno, ou lunula se era unha nena) que o debía protexer dos maleficios durante a infancia. Remataba a cerimonia coa imposición do nome. Como todas as sociedades antigas, a romana era machista e xa dende o berce imos notar claras diferenzas entre homes e mulleres, tamén entre cidadáns e escravos.
OS NOMES DOS NENOS
Aos nenos dábaselles un praenomen, ou nome de pía, pero cando eran adultos usaban o tria nomina. Vexamos un exemplo: Apius Claudius Caecus, Caius Iulius Caesar praenomen: Apius, Caius (nomes de pía) nomen: Claudius, Iulius (nome da súa linaxe, o que para nós sería o 1º apelido) cognomen: Caecus(cego), Caesar (elefante)unha especie de alcume.
Ás veces existían un agnomen, nome a maiores do tria nomina como de distinción, por exemplo dunha vitoria. Publius Cornelius Scipio Africanus (por ser un dos xefes militares máis significados contra os cartaxineses).
O tria nomina só servía para quen era liber (libre) ou ingenuus (fillo de libre); os escravos e libertos e estranxeiros tiñan outros nomes que máis adiante detallaremos, pero podían responder ao lugar de procedencia dos mesmos ou de seren adoptados tomaban os nomes dos adoptantes engadíndolle o sufixo -anus.
Como sucede tamén noutras moitas culturas o nome do pai era herdado polo fillo e existen verdadeiros casos de confusión dos personaxes aos que se refiren os documentos porque a semellanza dos nomes é un problema para identificar á persoa. Por iso é frecuente a creación de sufixos de onde logo naceron os nosos apelidos (Fernández, fillo de Fernando, Robinson, fillo de Robin).
Ás nenas, pola contra, só se lles poñía o nomen de tal modo que todas as nenas da familia Claudia se chamaban Claudia, pero cando había máis dunha habitualmente engadíaselle un cognomen coa orde do nacemento Claudia Secunda, Annia Tertia, Sulpicia Minor, Servililla... e co tempo estas mulleres son denominadas polo número (Tertia ou Quintia).
QUAESTIONES: 1- Por que cres que se lle colocaban amuletos aos áis: puer et puella recén nacidos? Cres que había unha mortalidade infantil elevada? Traduce a seguinte lápida cristiá antes de responder.
Na lápida aparecen uns
pavos que son símbolo da inmortalidade na iconografía cristiá. Ademais tes as
letras gregas alfa e omega maiúsculas, a primeira e a última letra do alfabeto
grego que nun contexto cristiá significan que Cristo é o principio e a fin de todas
as cousas: "Eu son a alfa e a omega, principio e fin de todas as
cousas".
Abreviaturas:
M= menses; D= Dies
Nomes propios:
Agricius, -i: Agricio
Evonyma, -ae: Evonyma
Syrica, -ae: Syrica (nome
que pode denotar a súa orixe siria)
I-Lembra que ademais de verbos regulares vai a haber irregulares como o verbo
sum (ser, estar): Como era o presente de indicativo deste verbo? Como será o imperfecto se a primeira persoa é : era-m?
II- Observa o seguinte cadro coa análise morfolóxica dos presentes da terceira e cuarta conxugación. Logo realiza un cadro semellante para os seguintes verbos. Fíxate antes na conxugación á que pertencen:
Intro,-as, -are.
Habeo,-es, -ere.
Lego,-is, -ere.
Venio,-is, -ire.
III- Conxuga agora os seguintes verbos en Imperfecto de indicativo, fíxate ben nas raíces para podelo facer ben, xa sabes que nalgunhas ocasións hai que utilizar vogais de unión ( neste caso un -e-)
Intro,-as, -are.
Habeo,-es, -ere.
Dico,-is, -ere.
Venio,-is, -ire.
IV- LABOR CUM PRAETERITO IMPERFECTO
Iuxta aquae ripam columba pennas albas levabat et in aqua formicam parvam videbat. Formica multis cum lacrimis columbam orabat.
Columba, mota misericordia, herbas secat et formicae dat. Statim formica enatabat et columbae multas gratias dabat.
Agricola columbam videbat et sine mora sagittas parat, sed formica videt agricolam et mordet. Agricolae sagitta in terram cadebat et columba alba in auras volabat.
Iuxta: a carón agricola,-ae: labrego aqua, -ae: río, auga. aura,-ae: aire cado,-is, er: caer. columba, ae: pomba do, das, dare: dar enato-as-are: nadar formica,-ae: formiga lacrima-ae. bágoa. levo,-as-are: elevar oro,-as-are: pedir, rogar mordeo,es-ere: morder mota ( participio do verbo conmover) ripa,-ae: ribeira seco,-as-are: cortar paro,-as-are: preparar penna,-ae: pluma, ás misericordia,-ae: compaixón. mora, ae: demora, retraso sagitta- ae: frecha statim: de inmediato video, es-ere. ver volo,-as-are: voar.
Imos comezar coas 4 conxugacións do verbos en latín
(podemos dicir que existe unha 5ª conxugación denominada "mixta" que,
como di o seu nome, é mestura da 3ª e da 4ª, pero que estudaremos máis adiante).
Comezaremos coa voz Activa e co presente e o imperfecto de indicativo. Fíxate
nas raíces como rematan:
1ª verbos con raíz en vogal -A: AMA-
2ª verbos con raíz en vogal -E: MONE-
3ª verbos con raíz en Consonante: DIC-
4ª verbos con raíz en vogal -I: AUDI-
Existe tamén unha conxugación denominada 3ª mixta (porque é coma unha mestura
entre a 3ª e a 4ª )
CAPIO, -IS,-ERE
que presenta na raíz un "i" como na 4ª,
pero como é
un "i" breve algunha vez se converte en "e" (por exemplo no
infinitivo (capere).
THEMAS:
Nos dicionarios de latín os verbos enúncianse tamén outras raíces ou temas así:
1ª amo,-as,-are, amavi, amatum, do que deducimos 3 temas ou raíces: ama-,
amav-, amat-.
2ª moneo,-es,-ere, monui, monitum, do que deducimos 3 temas: mone-, monu-,
monit-.
3ª dico, -is, -ere, dixi, dictum, do que deducimos 3 temas: dic-, dix-, dict-.
4ª audio,-is,-ire, audivi, auditum, do que deducimos 3 temas: audi-, audiv-,
audit-.
mixta capio, -is, ere, cepi, captum do qu ededucimos 3 temas: cap(i)-, cep-, capt-
ATENCIÓN: Nós traballaremos polo de agora coas tres primeiras formas do enunciado dos verbos.
TERMINATIONES PERSONALES: As desinencias que xa vimos usando para
traducir dun xeito inconsciente imos agora a memorizalas: SING.
PLURAL
1ª pers. -o/-m -mus
2ª pers. -s
-tis
3ª pers. -t
-nt
PRAESENS INDICATIVUS
Fíxate que ata o de agora traballamos co presene de indicativo do verbo SUM, que a pesar de ser irregular as desinencias son as mesmas que usa o verbo latino en xeral:
AMARE ESSE (ser,estar)
ego am- O su-M
tu ama-S e-S
ille/illa ama-T es-T
nos ama-MUS su-MUS
vos ama-TIS es-TIS
illi/illae ama-NT su-NT
QUAESTIONES:
I- Observa os presentes de Indicativo que se explican no seguinte vídeo:
II- Conxuga tras da visualización do vídeo, en todas as súas formas despois de indicar a que conxugación pertencen os presentes de Indicativo dos seguintes verbos:
mortuus, - a, -um
(participio do verbo morior: morir) morto.
numquam: adv. nunca.
opto, -as, -are, -avi,
-atum: desexar, pedir
plus: adv. máis.
pono,-is, -ere, posui,
positum: Sepultar (acción de colocar ou depositar un cadáver)
sic: adv. así, deste
modo.
valeo, -es. -ere,
valui.-itum- ser útil, servir, pero aquí seguramente como na fórmula de saúdo
acompañada do adverbio bene: estar ou ir ben, tamén estar alegre ou contento.