mércores, 2 de novembro de 2022

VERBA LINGUAE LATINAE: CONIUGATIONES et THEMAS

VERBA

Como xa levamos un tempo considerable traducindo ser entrar en detalle cos verbos, imos coñecer hoxe as 4 conxugacións e os temas ou raíces regulares.

COMO SE ENUNCIAN OS VERBOS NUN DICIONARIO?

Fíxate ben como se enuncian porque se o entendes che vai facilitar moito os seguintes pasos a dar co verbo: 

 En Galego: 

AMAR ou HABER só se enuncian en infinitivo, pero en latín escribe tres formas.

En Latín:  

Por exemplo un verbo da 1ª conxugación a terceira forma é o infinitivo: AMA -RE)

Aparecen enunciados: Coa 1ª persoa e 2ª persoa do singular do Presente de Indicativo: Am-o e ama-s / ou habe-o, habe-s. 

Logo vén xa o infinitivo coa súa desinencia -RE.

AM-O,    AMA-S,    AMA-RE.    

A súa raíz rematada en a: AMA-

Desinencias: 1ª persoa -O /   2ª persoa- S  /    infinitivo RE


Normalmente non se volve a escribir a raíz enteira quedaría escrito así:  AMO, -AS, -ARE ou

HABE-O, -ES, -ERE.  (un verbo da 2ª conxugación, a terceira forma é o infinitivo: HABE-RE) 

Outros exemplos: 

DIC-O, -IS, -ERE (verbo dicir) ou AUDIO, -IS, -IRE (Verbo oír)


CONIUGATIONES: 

Imos comezar coas 4 conxugacións do verbos en latín (podemos dicir que existe unha 5ª conxugación denominada "mixta" que, como di o seu nome, é mestura da 3ª e da 4ª, pero que estudaremos máis adiante). Comezaremos coa voz Activa e co presente e o imperfecto de indicativo. Fíxate nas raíces como rematan:

1ª  verbos con raíz en vogal  -A:    AMA-
2ª verbos con raíz en  vogal  -E:     MONE-
3ª verbos con raíz en Consonante:  DIC-
4ª verbos con raíz en vogal -I:        AUDI-

Existe tamén unha conxugación denominada 3ª mixta (porque é coma unha mestura entre a 3ª e a 4ª )

CAPIO, -IS,-ERE 
que presenta na raíz un "i" como na 4ª, 
pero como é un "i" breve algunha vez se converte en "e" (por exemplo no infinitivo (capere).

THEMAS: 

Nos dicionarios de latín os verbos enúncianse tamén outras raíces ou temas así:


1ª amo,-as,-are, amavi, amatum, do que deducimos 3 temas ou raíces: ama-, amav-, amat-.

2ª moneo,-es,-ere, monui, monitum, do que deducimos 3 temas: mone-, monu-, monit-.


3ª dico, -is, -ere, dixi, dictum, do que deducimos 3 temas: dic-, dix-, dict-.

4ª audio,-is,-ire, audivi, auditum, do que deducimos 3 temas: audi-, audiv-, audit-.

mixta capio, -is, ere, cepi, captum do qu ededucimos 3 temas: cap(i)-, cep-, capt-


ATENCIÓN: Nós traballaremos polo de agora coas tres primeiras formas do enunciado dos verbos.


TERMINATIONES PERSONALES: As desinencias que xa vimos usando para traducir dun xeito inconsciente imos agora a memorizalas:
             SING.         PLURAL
1ª pers.  -o/-m            -mus
2ª  pers.   -s                 -tis
3ª  pers.   -t                  -nt



PRAESENS INDICATIVUS

Fíxate que ata o de agora traballamos co presene de indicativo do verbo SUM, que a pesar de ser irregular as desinencias son as mesmas que usa o verbo latino en xeral:
            AMARE           ESSE (ser,estar)
ego           am- O              su-M 
tu             ama-S               e-S
ille/illa     ama-T               es-T
nos           ama-MUS        su-MUS
vos           ama-TIS           es-TIS
illi/illae    ama-NT            su-NT

 QUAESTIONES:
I-  Observa os presentes de Indicativo que se explican  no seguinte vídeo:  


II- Conxuga tras da visualización do vídeo, en todas as súas formas despois de indicar a que conxugación pertencen os presentes de Indicativo dos seguintes verbos:

NATO, -AS, - ARE:

HABEO, -ES, -ERE:

DICO, -IS,  -ERE:

FACIO, -IS,  -ERE

VENIO, - IS, -IRE: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario