martes, 1 de novembro de 2022

DEFUNCTI (II): Que é unha estela? Que é a epigrafía?

 Que é unha estela?


QUAESTIONES: 

I- Define unha estela e as súas partes. Que significan estas siglas D. M. S.?

II- Por que Gallaecia é o país dos mortos para os romanos? Para responder podes consultar Galicia país dos mortos 

III- Que é a epigrafía? Para responder podes usar o seguinte enlace As letras sobrea a pedra


IV- Para rematar traemos aquí unha estela falante cargada de humor, a ver se sodes capaces de traducila:

POSITUS EST HIC LEBURNA MAGISTER MIMARIORUM, QUI VIXIT ANNOS PLUS MINUS CENTUM. 

- ALIQUOTIES MORTUUS SUM, SED SIC NUMQUAM! OPTO VOS AD SUPEROS BENE VALERE.

 

Nomes Propios:

Leburna (Nome dun home porque di a contuanuación que é magister mimariorum, é dicir: mestre de mimos ou actores).

Superi,-orum: subs. plural Deuses (seres Superiores).

VOCABULARIO

ad: prep. a 

aliquotiens: adv. ás veces

annus- i: ano

bene: adv: ben

centum : num.  cen

hic: adv. aquí.

minus:adv.  menos

mortuus, - a, -um (participio do verbo morior: morir) morto. 

numquam: adv. nunca.

opto, -as, -are, -avi, -atum: desexar, pedir

plus: adv. máis.

pono,-is, -ere, posui, positum: Sepultar (acción de colocar ou depositar un cadáver)

sic: adv. así, deste modo.

valeo, -es. -ere, valui.-itum- ser útil, servir, pero aquí seguramente como na fórmula de saúdo acompañada do adverbio bene: estar ou ir ben, tamén estar alegre ou contento.

vivo, -is, -ere, vixi, victum: vivir

vos: pronome pers: vos

 

 AUDETE SAPERE (para saber máis atrevédeos a lembrar o que víramos na Aula Clásica do curso pasado)

Ningún comentario:

Publicar un comentario