RECOMENDAMOS AS SEGUINTES LECTURAS: Os gustos e niveis de lectura son diversos e variados nos seguintes libros que vos propomos:
Achegarse ao noso mundo antigo a través da novela na inminente chegada dos romanos ao noso territorio: AS MURALLAS DE BERGIDA de Fernando Cerezales Edicións Positivas:
O mundo céltico galaico anterior aos romanos tamén aparece en KALLAIKOS de Paco Boluda.
Para viaxar á Roma imperial: YO CLAUDIA de Marilyn Todd
En clave de ensaio : CELTAS, CASTREXOS E ROMANOS
Un libro sobre a vida de César novelado en triloxía: MALDITA ROMA Santiago Posteguillo
Trátase dun proxecto arredor da literatura e da sociedade romana do século I a.C. Utilizaremos como fonte primeira a dos sentimentos de Catulo, os seus poemas, os inspirados directamente pola relación con Clodia.
Comezamos co poema seguinte:
VIVAMVS, MEA LESBIA, ATQVE AMEMVS
RUMORESQVE SENVM SEVERIORVM
OMNES
VNIVS AESTIMEMVS ASSIS.
SOLES
OCCIDERE ET REDIRE POSSVNT
NOBIS,
CVM SEMEL OCCIDIT BREVIS LVX,
NOX EST
PERPETUA UNA DORMIENDA.
DA MI
BASIA MILLE, DEINDE CENTVM,
DEINDE
MILLE ALTERA, DEIN SECVNDA CENTVM,
DEINDE
VSQVE ALTERA MILLE, DEINDE CENTVM.
DEIN,
CVM MILIA MULTA FECERIMVS,
CONTVRBABIMVS ILLA, NE SCIAMVS
AUT
NEQVIS MALVS INVIDERE POSSIT
CVM
TANTVM SCIAT ESSE BASIORUM.
- -Vivamos, Lesbia miña,
e amemos
e os rumores dos
vellos severos
todos impórtennos un euro.
Os soles poden morrer e volver a nacer
para
nós, cando morra a nosa única breve luz,
unha noite perpetua teremos que durmir.
-Dáme mil bicos, logo un cento,
despois outros mil, logo un segundo cento,
de novo outros mil,
logo un cento
- E logo, cando contemos moitos miles,
confundiremos a conta para que non a
descifremos
nin poida ningún malvado mirarnos mal
ao saber o número de bicos que nos demos.
Comentario do poema:
Quaestiones: UT TU LEGIS, DICAS…
ET
SCRIBAS…
POST LEGERE, AUDIRE ET INVESTIGARE: SCRIBE
TUAM FABULAM
SCRIBE CUM TUIS VERBIS, SED NON COPIARE ET
LIGARE
Scribe: Qui Catulus et Clodia sunt? Quid fecerunt?
ILLE MI PAR......
Aude scribere! Quid animus Catuli in hoc carmine est?
1- Recreando versos de Safo de Lesbos, Cátulo atrévese a escribirlle a Clodia estes versos. Describe un momento especial da súa relación con Clodia. Como o definirías ti?:
Tes que saber que as tres primeiras estrofas son unha versión libre feita por Cátulo sobre un poema de Safo.
Ille mi par esse deo
videtur,
ille, si fas est,
superare divos
qui sedens adversus
identidem te
spectat et audit
dulce ridentem, misero
quod omnis
eripit sensus mihi:
nam simul te,
Lesbia, aspexi, nihil
est super mi
vocis in ore,
lingua sed torpet,
tenuis sub artus
flamma demanat, sonitu
suopte
tintinant aures,
gemina teguntur
lumina nocte.
Otium, Catulle, tibi
molestum est:
otio exsultas nimiumque
gestis:
otium et reges prius
et beatas
perdidit urbes.
Aquel a un deos semella ser,
aquel , se isto está permitido, e estar por riba dos deuses
Alí fomos, alí estivemos e alí atopamos cousas coma esta:
Unha ficha técnica do propio Museo de Lugo onde a vimos.Trátase dunha fermosa estela funeraria atopada en Crecente, San Pedro de Mera (Lugo) moi interesante, por que?
Imos traballar o Plan Lector a través da obra de Plauto titulada EPÍDICUS. Trátase dunha obra de teatro do século III/ II a. C. Trátase dun latín arcaico aínda pouco rodado en textos literarios, ademais que as comedias usan máis ben un latín coloquial e familiar. TRABALLO PERSOAL E INTRANSFERIBLE: A lectura deste libro debe realizarse no prazo dunha semana e na seguinte iremos preparando as actividades da guía de lectura que se terán que entregar por escrito ao profesor. Non perdamos o tempo, imos ir entrando en materia e o próximo día 13 é a representación!!! Pueri, adulescentes, iuvenes, senes...
M.T. Varrón informa que en Roma puer é un varón saído da infancia ata os quince anos, Adulescens de quince a trinta e iuvenis de trinta a corenta e cinco. A partir de aí xa un home sería senex ou nos casos de lonxevidade senior.
Fíxate na seguinte lápida e procura traducila:
POSITUS EST HIC LEBURNA MAGISTER MIMARIORUM, QUI VIXIT ANNOS
PLUS MINUS CENTUM. ALIQUOTIES MORTUUS SUM, SED SIC NUMQUAM! OPTO VOS AD SUPEROS
BENE VALERE. (CIL III, 3980)
Xa falamos anteriormente da toga praetexta e a bulla como símbolos externos de pueritia. Cando vesten a toga virilis aos dezaseis anos integrábase no exércitoe era considerado adulencens. Os mozos sempre estaban supeditados á patria potestas, a autoridade paterna ata que seu pai morría, entón convertíase en pater familias, o que incluía dereito de vida e morte ius vitae necisque.
Puellae, virgines, uxores, matronae... No caso das mulleres sería o seguinte: Puella era unha nena, virgo a moza en idade de concibir, uxor sería a casada e matrona aquela que xa tivera descendencia co seu marido.
Imos coñecer a orixe do alfabeto latino que deriva do grego a través do etrusco e explicar logo como se len as distintas letras e algunhas regras importantes de pronunciación do latín clásico.
Leamos un pequeno texto en latín:
VIVAMVS, MEA LESBIA, ATQVE AMEMVS
RUMORESQVE SENVM SEVERIORVM
OMNES VNIVS AESTIMEMVS ASSIS. SOLES OCCIDERE ET REDIRE POSSVNT
NOBIS, CVM SEMEL OCCIDIT BREVIS LVX, NOX EST PERPETUA UNA DORMIENDA. DA MI BASIA MILLE, DEINDE CENTVM,
Os dedos da man, como moitos de nós fixemos de pequenos, serviron aos romanos para estilizalos e dar lugar aos famosos números I, II, III e tamén IIII que normalmente escribían así e non tanto IV.
A man aberta (catro dedos unidos e o pulgar separado) disque dá lugar ao cinco: V.
Os números restantes proceden de letras do alfabeto grego que os romanos non usaban. O número 10= X procede da letra grega "khi" son que non había en latín.
A letra grega Ψ"psi" foise volvendo angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L= 50.
O Θ"theta" grego foise abrindo e perdendo o guión central ata seren C = 100.
O D = 500deriva da metade da letra Φ"phi" que se foi abrindo ata chegar a seren un M = 1000.
EVOLUCIÓN DO ALFABETO LATINO
Finalmente, imos ver como evolucionou o alfabeto latino ata os nosos días: