xoves, 2 de marzo de 2017

PLAN LECTOR: EPIDICUS de Plauto.

Imos traballar o Plan Lector a través da obra de Plauto titulada EPÍDICUS. Trátase dunha obra de teatro do século III/ II a. C. Trátase dun latín arcaico aínda pouco rodado en textos literarios, ademais que as comedias usan máis ben un latín coloquial e familiar.

TRABALLO PERSOAL E INTRANSFERIBLE: A lectura deste libro debe realizarse no prazo dunha semana e na seguinte iremos preparando as actividades da guía de lectura que se terán que entregar por escrito ao profesor. Non perdamos o tempo, imos ir entrando en  materia e o próximo día 13 é a representación!!!

Pueri, adulescentes, iuvenes, senes...

M.T. Varrón informa que en Roma puer é un varón saído da infancia ata os quince anos, Adulescens de quince a trinta e iuvenis de trinta a corenta e cinco. A partir de aí xa un home sería senex ou nos casos de lonxevidade senior.
Fíxate na seguinte lápida e procura traducila:




POSITUS EST HIC LEBURNA MAGISTER MIMARIORUM, QUI VIXIT ANNOS PLUS MINUS CENTUM. ALIQUOTIES MORTUUS SUM, SED SIC NUMQUAM! OPTO VOS AD SUPEROS BENE VALERE. (CIL III, 3980)

Xa falamos anteriormente da toga praetexta e a bulla como símbolos externos de pueritia. Cando vesten a toga virilis aos dezaseis anos integrábase no exércitoe era considerado adulencens. Os mozos sempre estaban supeditados á patria potestas, a autoridade paterna ata que seu pai morría, entón convertíase en pater familias, o que incluía dereito de vida e morte ius vitae necisque. 


Puellae, virgines, uxores, matronae...

 No caso das mulleres sería o seguinte: Puella era unha nena, virgo a moza en idade de concibir, uxor sería a casada e matrona aquela que xa tivera descendencia co seu marido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario