A epigrafía (Grego, επιγραφή - "escrito enriba") é
o estudo das inscricións gravadas en pedra ou outros materiais permanentes como
o metal, a ciencia de clasificalas no seu contexto cultural e data,
explicándoas e vendo que conclusións se poden extraer delas.
A epigrafía romana:
Imos achegarnos á epigrafía a través de diversas inscricións
de época romana atopadas en Galicia, por exemplo do Museo Provincial de Lugo,
utilizaremos a súa colección para coñecer de cerca esta ciencia e disfrutar con
ela.
ARAS E ESTELAS
Unha ara é un altar votivo, un monumento con inscrición
dedicada ás divindades,( por iso irán os seus nomes en caso dativo( o que nos
chamamos función de Obxecto Indirecto) como xesto de agradecemento por algo ou
por fervor relixioso. Na parte superior teñen un ou tres buratos chamados
"foculus" para as ofrendas.
Ara votiva aos lares vialis (Museo Castro de Viladonga) |
As inscricións votivas ou ARAS romanas están redactadas
normalmente da seguinte maneira sobre a pedra:
- Nome da divindade en dativo( é dicir, o caso que indica
para quen ou a quen se lle dedica) acompañado do S (acrum)
"consagrado".
-Identificación do dedicante. (No exemplo do castro de Viladonga non aparece o dedicante)
- Motivo da dedicatoria ( Ex Voto, Ex Iussu, Pro
Salutem...)"por unha petición", "por un mandato" ou
"pola saúde"...
-Fórmula final consagratoria V.S.L.M.
Estela é un monumento funerario colocados verticalmente no
lugar onde etaba unha tumba. Lembran ao defunto nunha inscrición commemorativa.
Adoitan levar como encabezamento as letras D.M.S. ( Diis Manibus Sacrum :
consagrado aos deuses Manes, ou deuses dos espíritos.
Distinguiremos, en primeiro lugar, aras de estelas:Fíxate nestas dúas fotos das pezas que vimos en Lugo. A primeira é unha estela que está situada no Claustro do Museo Provincial de Lugo. sabemos que é unha estela funeraria porque a súa inscripción comeza por un: D(iis) M(anibus) " Aos Deuses Manes", é dicir, está dedicada aos deuses dos mortos.
Miliarios Pedras cilíndricas que se fincaban á beira das
vías romanas e que tiñan como función indicas as distancias en miles de pasos
"millas".
Unha tessera hospitalis que era?
Unha tessera hospitalis era un pacto de hospitalidade entre un funcionario de Roma e unha tribo ou un pobo conquistado co que se establecía un trato de non agresión.
Vexamos un dos exemplos de tesseras da Gallaecia que se conserva no Museo de Lugo, esta tessera hospitalis atopada no Courel:
Unha serie de pezas do Museo provincial de Lugo
Visita virtual
ESTELA DE CRECENTE:
APANA • AMBO
LLI • F(ilia) • CELTICA
SVPERTAM(ARICA)
[ ) ] • MIOBRI
AN(Norum) • XXV • H(ic) • S(ita) • E(st)
APANVS • FR(ater) • F(aciendum) • C(uravit)
Apana, filla de Ambolo, de pobo dos Célticos Supertamáricos (por encima do río Tambre, da parentela (ou do castelo) de Miobri. Morta aos 25 anos. Aquí está enterrada. Apano, o seu irmán, mandou erixir este dedicatoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario