Os temas ou raíces da terceira declinación poden ser masculinos, femininos ou neutros e divídense en dous grandes grupos:
Temas en consonante (imparisílabos)
Temas en i (parisílabos)
Observa que as diferenzas entre o grupo dos temas en consonante e o outro dos temas en -i son ben pequenas. Danse especialmente nos nominativos e vocativos,que presentan múltiples posibilidades, ademais dunha pequena dos xenitivos de plural: -um/ium.
Mais isto que parece tan complexo podemos simplificalo dun xeito moi doado grazas ao dicionario, sempre que teñamos o xenitivo singular dun tema calquera saberemos axiña cal é o seu nominativo aplicando o seguinte criterio:
-Levan desinencia -S no nominativo e vocativo de singular: Os temas en consonante oclusiva (B,D,G, P,T, C) e en -M.
-Non levan desinencia-S no nominativo e vocativo de singular: Os temas en consonante -L,R,N,S e neutros
- Os temas en -I fan normalmente o nominativo e xenitivo idénticos, aínda que poden presentar pequenas variantes tipo: nubes, nubis/ imber, imbris.
En todo caso tendo un xenitivo de singular sempre poderemos deducir o nominativo e vocativo dun tema da 3ª declinación tendo en conta algunha sinxela norma máis. Imos observar o que ocorre nas seguintes palabras:
TEMAS EN CONSONANTE CON -S OUTROS TEMAS EN CONSONANTE
xenitivos/ nominativos xenitivos / nominativos
- pleb-is: PLEB-S consul-is CONSUL
- princip-is: PRINCEP-S mulier-is MULIER
- ped-is: PE-S honor-is HONOS
- milit-is: MILE-S ciner-is CINIS
- leg-is: LE-X (GS) tempor-is TEMPUS (n)
- duc-is: DU-X (CS) legion-is LEGIO
- hiem-is: HIEM-S homin-is HOMO
flumin-is FLUMEN(n)
OS TEMAS MIXTOS: Hai un pequeno grupo de palabras que eran antigos temas en -i, pero que a perderon polo que aparentan ser imparisílabos aínda que o seu xenitivo plural é -ium, adoitan ter varias consonantes no nominativo tipo arx, arcis/ urbs, urbis/ mons, montis/ pars, partis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario