martes, 7 de marzo de 2017

FEMINISMO EN ROMA

Sabías que os microcréditos foron inventados polas mulleres da Roma antiga?

Este detalle e moitos outros son de gran interese para seguir investigando como era a vida destas heroinas diarias que sen pasar a formar parte dos grandes nomes da historia universal formaban, iso si parte esencial da vida cotiá en Roma. Silenciadas, pero vivas, hai que sabelas buscar en pequenos detalles diarios que deixaron unha pegada, pequena seguramente, pero unha pegada que nos permite estudar e saber da súa existencia, rescatalas para o presente e sumar forzas para que a balanza da xustiza da igualdade vaia equilibrándose.

Unha lápida escrita para unha muller romana

Epitafio de Claudia, unha esposa exemplar  (CIL, 1.2 1211)

HOSPES QUOD DEICO PAVLLVM EST; ASTA AC  PELLEGE

HEIC EST SEPVLCRVM HAV PVLCRVM PVLCRAI FEMINAE

NOMEN PARENTES NOMINARVNT CLAVDIAM.

SVOM MAREITVM CORDE DEILEXIT SOVO:

GNATOS DUOS CREAVIT: HORVNC ALTERVM

IN TERRA LINQVIT, ALIVM SUB TERRA LOCAT.

SERMONE LEPIDO, TVM AVTEM INCESSV COMMODO,

DOMVM SERVAVIT, LANAM FECIT. DIXI. ABEI

  • Vocabulario:
  • abei: abi, imperativo de abeo afastarse
  • ac conx.: e
  • alium: outro (ac.)
  • alterum: un (ac.)
  • asto, -as, -are, -avi, -atum: pararse
  • creo, -as, -are, -avi, -atum: dar á luz
  • commodus, -a, -um adx.: agradable
  • cor, cordis n.: corazón
  • deico: dico
  • deilexit: dilexit, diligo, -is, -ere, dilexi, dilectum, amar
  • duos: dous (ac.)
  • gnatos: natos, natus, nati m.: fillo
  • hau: haud, non
  • heic: hic adv. aquí
  • horunc: horum (de estes)
  • hospes, hospitis: estranxeiro
  • incessus, incessi: o andar
  • lepidus, -a, -um: amable    
  • linquo, -is, -ere, liqui: deixar tras de si
  • loco, -as, -are, -avi, -atum: colocar
  • mareitum: maritum, maritus, mariti: esposo
  • nomen, nominis n.: nome
  • nominarunt: nominaverunt, nomino, -as, -are, -avi, -atum, chamar
  • parentes, parentum m.pl.: pais
  • paullum: pouco
  • pellege: perlege, perlego, -is, -ere, perlegi,
  • perlectum ler ata o final
  • pulcraipulchrae, pulchrus, -a, -um fermoso
  • quod: o que
  • sepulcrum, sepulcri: tumba
  • sermo, sermonis: conversación
  • souosuo, suus, -a, -um seu, 
  • suomsuum, suus, -a, -um seu
  • tum autem: e tamén
Grammatica
  • Sinala os demostrativos da inscripción.
  • Sinala os imperativos da inscripción.
  • Busca os pretéritos perfectos de indicativo.
Inscriptio loquitur 
  • Sinala as líiñas e o contido que reflicte a conversa ficticia que ten a lápida co camiñante que a le.
    Cal foi a actitude de Claudia cara o seu marido?
    Cantos fillos tivo e que lles sucedeu a estes?
    Que características conformarían a mujer ideal romana segundo a inscripción?      
    Parecenche as mesmas que hoxe usaríamos para definir á muller ideal?

Ningún comentario:

Publicar un comentario