xoves, 25 de febreiro de 2021

NARRATIONES: DAEDALUS ET ICARUS

 Seguramente lembres un mito famoso relacionado co labirinto de Creta e co seu construtor, Dédalo. Hoxe traemos sobre esta narración un texto en latín para traducir e practicar o perfecto dos verbos. Bo traballo!

DAEDALUS ET ICARUS
 

luns, 22 de febreiro de 2021

QUID PUERI ET PUELLAE FACIUNT?

Imos darlle unha voltiña, tras falar do nacemento, a unha segunda etapa da vida, a da infancia. Como era a vida dos nenos e das nenas en Roma, nunha cidade romana ou romanizada? Que facían?  Como pasaban o tempo? Para responder primeiro deberás traducir:

QUID PUERI ET PUELLAE FACIUNT?



domingo, 21 de febreiro de 2021

Perfectum (INDICATIVUS)

 Imos ir ampliando os tempos verbais do latín que coñecemos. Hoxe traballaremos o Perfectum que esixe de nós dúas novidades: 

- Unha raíz distinta ao dos tempos de Presente.

- Unhas desinencias específicas só para este tempo do Perfectum do modo Indicativo. Podes velas no cadro adxunto.


 Finalmente repasaremos o asunto da raíz de Perfecto

que na enunciación dun verbo atopamos na 4ª forma:

exemplo:

amo, -as,-are, amav-i   (raíz de perfecto amav-)

dico, .is, -ere, dix-i    (raíz de perfecto dix-)