mércores, 17 de xaneiro de 2024

AS MULLERES DA FUNDACIÓN DE ROMA


 Imos explicar a Fundación de Roma e os primeiros tempos desta cidade tomando como referencia por un lado o número 7 e por outro as mulleres que habitualmente quedan relegadas a un segundo plano nestes tipo de relatos antigos cargados de prexuízos. Procura a información precisa para relatar a garandes trazos a historia de Roma dende o 753 a. C. ata o 509 a.C. 

Para o primeiro dos capítulos que xa o denominamos AENEAS, poderíamos telo denominado: VENUS.

Para o segundo, non só CREÚSA (a nai de Iulo Ascanio), senón DIDO e LAVINIA.

Para o terceiro REA SILVIA (filla de Numitor e nai de Rómulo e Remo).

Para o cuarto ACCA LARENTIA ou se se quere falamos da LUPERCA ou a LUPA CAPITOLINA.

Para o quinto todo un colectivo AS SABINAS, grazas a elas será fundada a cidade de Roma que logo reunirá as sete colinas nunha mesma cidade. As Sabinas provocan unha revolución despois do seu rapto. De feito a primeira raíña de Roma, a esposa de Rómulo, foi  HERSILIA. Por certo Roma vai ter sete reis segundo a narración que entre o mito e a historia narrou Tito Livio. 

Para o sexto: son realmente dúas cidades con nome feminino: ROMA E ALBA LONGA, tamén poderiamos falar das Nais de Horacios e Curiacios.

Para o sétimo a muller que co seu suicidio foi quen de acabar coa monarquía autoritaria dos Etruscos en Roma. 



xoves, 11 de xaneiro de 2024

Un texto con futuros... POST AENEAM

 POST AENEAM ...


Mox tamen troianae carinae undas rursus secant et ad Italiam navigant. Tandem terra bona et pulchra fessis nautis apparet. Post saevas procellas, nautae et feminae novam patriam videbant. Aeneas subito exclamat: Quid exspectamus? Gratias Fortunae secundae agere debebimus. Novam terram patriam vocabimus et sanctam habebimus. Italia nostra erit.


Localiza os verbos en futuro e traduce este texto: 


Vocabulario:

ad: prep. acusativo  a, cara a.

Aeneas,-ae: Eneas.

carina,ae: naves

exclamo, -as-are: exclama.

exspecto-as-are: esperar.

fessus,-a-um: canso.

 "gratias agere": dar grazas.

habeo,-es-ere: ter

Italia,-ae: Italia

mox: adv. logo

nauta,ae: (m) navegante, mariñeiro.

navigo-as-are: navegar.

noster,-tra,-trum: noso.

patria-ae: patria

praeclarus,-a-um: ilustre

procella,ae:(f) temporal

pulcher, chra,-chrum: fermoso

regina,ae: raíña.

rursus: adv. de novo.

saevus-a-um: terrible.

sanctus-a-um: inviolable.

seco,-as,-are: cortar.

secundus-a-um: favorable.

subito:adv. de súpeto

tandem:adv. finalmente.

Troia,-ae: Troia.

unda,ae: mar (ondas do mar)

video,-es-ere: ver.

voco,-as-are: chamar.


luns, 8 de xaneiro de 2024

IANUARIUS ET FUTURUS

 

Aproveitando o cambio do ano imos comezar a analizar os meses e o cómputo do tempo en Roma ata entender o complexo mecanismo do calendario que herdamos dos romanos. O primeiro paso será coñecer o deus plenamente romano (non ten nada de grego)  que dá nome a o mes no que estamos: Xaneiro.

O deus Ianus,  é o deus das portas, das dúas caras para os romanos deus do principio e do fin. Aínda que o mes de xaneiro inicialmente non era o primeiro do calendario como xa estudaremos no mes de marzo.

 

Investiguemos que ritos estaban asociados a este deus Ianus do comezo e do fin, é dicir, Ianus Patusius (o que abre) e Ianus Clausius (o que pecha). Se cadra nós, se observas a representación da fotografía, deberiamos colocalos ao revés tendo en conta que na actualidade o primeiro debería representar o ano vello e outro o aninovo. Pero lembra que xaneiro foi durante moito tempo para os romanos o mes undécimo do calendario, polo que estaría ben o rostro do deus máis novo primeiro e logo a cara máis vella.

 

INVESTIGATIO: Que rituais se realizaban arredor deste deus romano Ianus?

 

Que relación garda co símbolo


Este símbolo logo será utilizado polo Cristianismo. Por exemplo aparece como primeiro símbolo cristián conservado en Gallaecia no século IV despois de Cristo no Crismón de Quiroga

 

Como se conxuga o Futuro nos verbos en latín?