luns, 8 de xaneiro de 2024

IANUARIUS ET FUTURUS

 

Aproveitando o cambio do ano imos comezar a analizar os meses e o cómputo do tempo en Roma ata entender o complexo mecanismo do calendario que herdamos dos romanos. O primeiro paso será coñecer o deus plenamente romano (non ten nada de grego)  que dá nome a o mes no que estamos: Xaneiro.

O deus Ianus,  é o deus das portas, das dúas caras para os romanos deus do principio e do fin. Aínda que o mes de xaneiro inicialmente non era o primeiro do calendario como xa estudaremos no mes de marzo.

 

Investiguemos que ritos estaban asociados a este deus Ianus do comezo e do fin, é dicir, Ianus Patusius (o que abre) e Ianus Clausius (o que pecha). Se cadra nós, se observas a representación da fotografía, deberiamos colocalos ao revés tendo en conta que na actualidade o primeiro debería representar o ano vello e outro o aninovo. Pero lembra que xaneiro foi durante moito tempo para os romanos o mes undécimo do calendario, polo que estaría ben o rostro do deus máis novo primeiro e logo a cara máis vella.

 

INVESTIGATIO: Que rituais se realizaban arredor deste deus romano Ianus?

 

Que relación garda co símbolo


Este símbolo logo será utilizado polo Cristianismo. Por exemplo aparece como primeiro símbolo cristián conservado en Gallaecia no século IV despois de Cristo no Crismón de Quiroga

 

Como se conxuga o Futuro nos verbos en latín?


Ningún comentario:

Publicar un comentario