Imos explicar a Fundación de Roma e os primeiros tempos desta cidade tomando como referencia por un lado o número 7 e por outro as mulleres que habitualmente quedan relegadas a un segundo plano nestes tipo de relatos antigos cargados de prexuízos. Procura a información precisa para relatar a garandes trazos a historia de Roma dende o 753 a. C. ata o 509 a.C.
Para o primeiro dos capítulos que xa o denominamos AENEAS, poderíamos telo denominado: VENUS.
Para o segundo, non só CREÚSA (a nai de Iulo Ascanio), senón DIDO e LAVINIA.
Para o terceiro REA SILVIA (filla de Numitor e nai de Rómulo e Remo).
Para o cuarto ACCA LARENTIA ou se se quere falamos da LUPERCA ou a LUPA CAPITOLINA.
Para o quinto todo un colectivo AS SABINAS, grazas a elas será fundada a cidade de Roma que logo reunirá as sete colinas nunha mesma cidade. As Sabinas provocan unha revolución despois do seu rapto. De feito a primeira raíña de Roma, a esposa de Rómulo, foi HERSILIA. Por certo Roma vai ter sete reis segundo a narración que entre o mito e a historia narrou Tito Livio.
Para o sexto: son realmente dúas cidades con nome feminino: ROMA E ALBA LONGA, tamén poderiamos falar das Nais de Horacios e Curiacios.
Para o sétimo a muller que co seu suicidio foi quen de acabar coa monarquía autoritaria dos Etruscos en Roma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario