No seguinte vídeo interésanos hoxe os primeiros dous minutos dedicados ao tempo de PERFECTUM INDICATIVUS e ao repaso do PRAESENS IMPERATIVUS. A segunda parte dedicada á tradución de oracións en latín farémola noutra ocasión:
O verbo en perfecto de indicativo presenta dúas singularidades: RAIZ e DESINENCIAS
I-RAIZ ou TEMA DE PERFECTUM:
Esta raíz aparece en cuarto lugar na enunciación dos verbos no dicionario:
amo,-as,-are, -avi: Do verbo amare sería amav-i (lembra que o -i é a desinencia)
habeo,-es,-ere, -ui: Do verbo habere sería habu-i.
dico,-is,-ere,dixi: Do verbo dicere sería dix-i.
facio,is-ere, feci: Do verbo facere sería fec-i
audio,-is,-ire, audivi: Do verbo audire sería audiv- i

Normalmente cada conxugación ten as súas preferencias para realizar as raíces ou temas de perfecto:
1ª conxugación: amav- (suma un -v ao tema de presente)
2ª conxugación: habu- (transforma o e do tema de presente nun -u)
3ª dix- (presenta diversas fórmulas unha delas é sumar -s así dic+s= dix-)
3ª mixta fec- (cambio de vogal da raíz de presente fac- fec-)
4ª conxugación: audiv- (suma un -v ao tema de presente)
II-TERMINATIONES PERFECTUM:
Son desinencias exclusivas deste tempo de indicativo. Ao ser tan frecuente no uso son moi importantes, debemos aprendelas axiña:
- i
- isti
- it
- imus
- istis
- erunt (ere)
QUAESTIONES
- Realiza os perfectos de nato,as,are/ moneo, es-ere/capio, -is,-ere/ audio,-is-ire/.
- Conxuga o Perfecto do verbo irregular: Sum, es, esse, fui.
- i
- isti
- it
- imus
- istis
- erunt (ere)
QUAESTIONES
- Realiza os perfectos de nato,as,are/ moneo, es-ere/capio, -is,-ere/ audio,-is-ire/.
- Conxuga o Perfecto do verbo irregular: Sum, es, esse, fui.
- Como serán on Presente de Imperativo dos verbos: amo, -as,-are /venio, -is, -ire?
Ningún comentario:
Publicar un comentario