Hoxe comezamos a clase coa tradución desta fermosa estela funeraria, aínda que moi dramática como di o dito latino: MORS CERTA, HORA INCERTA!
Unha lápida cristiá para traducir
Na lápida aparecen uns pavos que son símbolo da inmortalidade na iconografía cristiá. Ademais tes as letras gregas alfa e omega maiúsculas, a primeira e a última letra do alfabeto grego que nun contexto cristián significan que Cristo é o principio e a fin de todas as cousas: "Eu son o alfa e o omega, principio e fin de todas as cousas".
Abreviaturas:
M= menses; D= Dies
Nomes propios:
Agricius, -i: Agricio
Evonyma, -ae: Evonyma
Syrica, -ae: Syrica (nome que pode denotar a súa orixe siria, tal vez unha escrava liberada)
Vocabulario:
caritas, caritatis: amor, agarimo.
hic: adverbio, aquí
pax, pacis : paz
pono, -is, -ere, posui, positum: poñer, colocar
pro: prep. de ablativo, por
requiesco, -is, -ere, requievi, requietum: descansar
soror, sororis: irmá
titulus, .-i: inscrición
vivo, -is, -ere, vixi, victum: vivir
Cuestións:
- Que significan os símbolos que aparecen na lápida?
- Quen é o defunto? Cantos anos tiña?
- Quen son os que dedican a inscrición? Que relación teñen co defunto?
- Que expresións de orixe cristiá aparecen na inscrición?
Sempre que se achegan estas datas de Defuntos lembro cousas como que aos nenos da Illa de Arousa lles resulta tan familiar pedir unha "esmoliña para os defuntiños que van alá" ou que existira de vello un costume funerario romano no que os mortos tenten dialogar eternemente cos vivos:
VIATOR, VIATOR:
QUOD TU ES, EGO FUI;
QUOD NUNC SUM, ET TU ERIS."
Para traducir esta estela: Debes usar distintos tempos do verbo SUM
nunc: adv agora
quod: (pronome relativo neutro) o que
viator,- oris: camiñante.
Este costume chegou á Gallaecia porque nunha das estelas funerarias que consevamos no Museo Provincial de Lugo ataopamos esta inscrición:
UT, QUI LEGIS, DICAS: "SIT TIBI TERRA LEVIS"
Para traducir esta estela:
dico,-is.-ere, dixi, dictum: dicir (segunda persoa presente de subxuntivo)
lego, is, -ere, legi, lectum: ler (segunda persoa do presente indicativo)
levis, -e: adxec. leve, lixeiro
sit: verbo sum terceira persoa singular do presente de suxuntivo .
terra, ae: terra
tibi: pronome persoal tu en dativo (para ti)
ut: conx. para
Ningún comentario:
Publicar un comentario