AS REVOLTAS DE ESCRAVOS E A AMBICIÓN DE PODER/
CAOS POLÍTICO
- A Rebelión de
escravos de Espartaco 73 a.C.
• Xa houbera varias revoltas no sur de Italia
onde había maior concentración de escravos, pero un escravo tracio chamado
Espartaco provocará o terror en Roma ao derrotar a varios exércitos.
Despois dun tempo de incertidume, unha acción conxunta de Craso e de Pompeio
rematará coa súa intención de abandonar Italia. Miles de escravos serán
crucificados.
- A Conxuración de
Catilina 63 a.C. contra Cicerón.
• Un intento de golpe de estado por parte deste
líder ambicioso dos populares chamado Catilina que estivo a punto de
aniquilar ao cónsul electo Cicerón, dos optimates, que descubrirá a
conspiración no propio Senado pronunciando un famoso discurso “As
Catilinarias”. Non sería o último dos disturbios nunha situación caótica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario