EN MARZO COMEZABA O ANO ATA OS TEMPOS DE XULIO CÉSAR.
Debemos saber primeiro algo sobre o mes de marzo. Era o mes dedicado ao deus Marte e era o deus no que comezaba o ano romano coincidindo co comezo da primavera ( prima ver: "primeira estación da calor") os romanos facían as levan de soldados para preparar retomar as guerras, dado que tradicionalmente estas quedaban paralizadas no tempo de inverno (hiems, -mis (f)).
No ano 46 a.C. Xulio César decretou unha reforma no calendario romano tradicional para introducir uns cambios necesarios. Este novo calendario xuliano (de Iulius Caesar) é o que seguimos utilizando na actualidade. Entre as reformas que introduce Xulio está a de comezar o ano en xaneiro (as levas de soldados xa se facían en calquera mes do ano) e rematar en decembro.
O CALENDARIO Á ROMANA
1.Calendarios solares e calendarios lunares:
Os problemas dos calendarios nacen de que nin no ano
solar(365 d., 5h., 48´ , 46¨) nin o ano lunar (354 d., 8h., 48´) son divisibles
sen residuo entre 12 meses ou lunacións, nin tampouco equivalentes entre eles,
de xeito que faciliten unha medida única para os dous fenómenos astronómicos
que tanto inflúen na actividade humana: Sol e lúa.
Os exipcios seguían un calendario solar. Os musulmáns o
lunar. Os gregos usaban un calendario lunisolar(ano lunar de 345 días,pero
adaptado ó sol, engadindo periodicamente un mes 13º para agardaren polo sol).
Na Grecia Clásica ese mes engadíase cada 4 anos e deu orixe ás
Olimpíadas.
2.O ano romano:
Os romanos tiñan un ano inicialmente lunar que empezaba en
marzo, como demostran os nomes dos meses derradeiros:DECEMBER(mes 10º),
NOVEMBER(9º), OCTOBER(8º), SEPTEMBER(7º), SEXTILIS(6º), QUINTILIS(5º). Os
demais meses estaban dedicados a IANUS(Iahuarius"xaneiro"), FEBRUA e
Febres(frebarius"febreiro"),a MARS(Martius"marzo"), a
APRILIA, unha dubidosa etrusquización de Afrodita ou ás festas
parilias(Aprilis"abril"), á parella MAIUS-Maia (Maius
"maio") e a IUNO (Iunius "xuño").
Marzo,maio,quintilis e outubro levaban 31 días,febreiro 28 e
o resto 29. Para concordaren este ano lunar co curso do sol, o Pontifex Maximus
cada dous anos engadía o mensis intecalaris de 20 días.
3.A partir de cando se contan os anos:
Como sabes, hai moitas eras a partir das que conta-los
anos,segundo as diversas culturas ou acontecementos. Hoxe contamos pola era
cristiá. No mundo clásico usáronse sobre todo a das Olimpíadas e a romana.
Era das Olimpíadas:sistema usado polos gregos, de períodos
de catro anos empezando pola primeira Olimpíada(776 a.C.) en que saíu vencedor
Corebo de Elea.
Era romana.Tiveron varios sistemas:
*AB VRBE CONDITA(A.V.C.): "dende a fundación da
cidade" (753/754 ou mesmo 750 a.C.).
*POST REGES EXACTOS:dende a expulsión dos reis (509 a.C.;era
menos usada).
*CICERONE ET ANTONIO CONSULIBUS"sendo cónsules Cicerón
e Antonio" (63 a.C.);polo nome dos dous cónsules que ese ano gobernaban:a
máis usada. A lista dos anos ordenados así eran os fasti consulares.
*ANNO QUINTODECIMO IMPERII TIBERII CAESARIS "no ano
15º. de goberno de Tiberio César"(29 d. C.); polos anos que o emperador
levaba no poder. O exemplo é do evanxeo de Lucas (3,1).
4. Como se contan os días do mes?
Xa vimos que os 12 meses son unha reminisciencia das 12
lunacións que aproximadamente ten o ano. Hoxe contamos os días polo número de
orde a partir do 1º. Mais non sempre foi así.
Os romanos tiñan no mes datas fixas(Kalendae, Nonae e Idus) e
contaban os días que faltaban para chegar ó próximo deses feitos temporais, coa
particularidade de contaren ó xeito romano (incluíndo día de partida e día de
chegada).
KALENDAE: Día 1. Antigamente o rex sacrorum convocaba
(kalare) a unha xuntaza na que anunciaría cando ían ser nese mes as Nonae e os
Idus e outras festas.(Cfr.Non pérda-lo teu latín desta mesma Unidade).
NONAE: Oito días antes dos Idus (noveno, polo sistema
romano). Eran o 5,non sendo en marzo,maio,xullo e outubro (mar-mai-iul-oct) que
caían o 7. Adornaban o lar con flores.
IDUS: Iduare é un verbo arcaico que significa "partir
en dous", é dicir, dividían o mes. Eran o 13 de cada mes, a non ser nos
meses de marzo, maio, xullo e outubro que eran o 15. Parece ser que os días do
idus eran os de lúa chea, mentres os das Kalendas os de lúa nova.
5.Saberías poñer a data do teu nacemento á romana?
Aplica estas cinco normas:
-Se naciches o primeiro día porás "Kalendis" e o
mes que sexa, por exemlo "Februarii".
- Porás "Idibus" se naciches o día 13 de todos os
meses agás do de marzo, maio, xullo ou outubro que porás "Idibus" se
naciches no día 15 do mes.
- Se naciches nas Nonas porás "Nonis" (xa sabes o
día 5 a non ser en marzo, maio, xullo ou outubro que coincide no día 7).
-Pero se naciches calquera outro día tes que contar cantos
días faltan ben para as nonas, ben para os idus, ben para as kalendas do
seguinte mes, sempre como o facían os romanos o día de partida (o do teu
aniversario) e o día de chegada a data fixa que corresponda(nonas, idus ou
kalendas). Por diante debes colocar estas palabras " ante diem ". O
día 17 de febreiro sería no cómputo á romana "ante diem XIII kalendas
martias" , é dicir que faltan 13 días segundo contan os romanos para o día
primeiro de marzo.
- Só queda un detalle importante se naciches o día antes de
calquera desta datas sinaladas das kalendas, nonas e idus debes poñer tan só
"Pridie kalendas, nonas ou idus" do mes que corresponda. Por exemplo
o que naceu o 31 de decembro á romana sería " Pridie kalendas
ianuarias".
Que iso dos Idus de marzo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario