mércores, 30 de marzo de 2022

DA SOCIEDADE DA GENS

Como nos contan tradicionalmente a historia de Roma?

 Como a imos contar nós? 

Os idus de marzo      

  Como podedes comprobar no apartado de IDUS E KALENDAS situamos a morte de Xulio César nos idus de marzo como introdución inicial ao achegamento á historia de Roma.

•        Pregunta básica: Por que mataron a César? Provoca unha reflexión sobre a historia romana centrándonos no momento álxido da crise da República no ano 44 a.C.

•       Esta historia que agora ides reelaborar, tentará por unha banda lembrar a división tradicional da historia de Roma estudada en cursos anteriores aquilo de: MONARQUÍA, REPÚBLICA e IMPERIO, para acto seguido poñer en cuestión esta visión divindindo este período da Historia da Antiga non por sistemas de goberno, senon polo verdadeiro motor da historia, a socio-economía, é dicir, Roma pasou da sociedade da GENS (onde a linaxe era fundamental para a estrutura social de Roma)á sociedade dos SERVI (isto é ESCRAVISTA) pois vai ser o "servus", o escravo, o motor desta etapa (un de cada tres habitantes de Roma será un escravo).

A SOCIEDADE DA GENS EN ROMA

Estudaremos en primeiro lugar a Sociedade da Gens romana nos momentos máis críticos desta etapa: O paso da Monarquía á República.  

A MONARQUÍA ROMANA

•       A primeira etapa da Historia a denominada monarquía romana que navega entre capítulos pseudomitolóxicos e lendarios como o referido a Rómulo e Remo , por exemplo, ou ao Rapto da Sabinas. Pero debemos saber que en realidade hai unha diferenza substancial entre as clases existentes na primeira Roma fundada por pastores, posiblemente os patricios á beira do río Tíber e aproveitando as importantes rutas comerciais que facían do lugar un lugar estratéxico de interese onde se asentan tamén novos poboadores, posiblemente os plebeos.

•       Os patricios contan con todos os dereitos políticos fronte aos plebeos que aínda que son considerados habitantes da cidade están desprovistos de dereitos políticos. Son os patricios os que gobernan e escollen ao rex. O rei que acaparaba todos os poderes o civil, o xudicial, o militar e o relixioso na súa persoa tiña carácter vitalicio e era escollido nunha asemblea só de patricios chamada "comitia curiata", deixándose aconsellar de cando en vez polos máis vellos e experimentados patricios, un consello de anciáns denominado Senatus (senex en latín significa vello).

Do 753 ao 509 a.C. din que houbo 7 reis en Roma, catro de linaxe albano-sabina e tres de orixe etrusca.

- No cambio de sistema de goberno: Da Monarquía á República ano 509 a.C. 


DA MONARQUÍA Á REPÚBLICA

•       SPQR, non significa San Pedro Quere Rosquillas, senón o Senatus PopulusQue Romanum (o Senado e mais o Pobo de Roma).

•       Foi efectivamente o Senado quen asumiu tras a expulsión do último Rei de Roma e dos Etruscos o poder efectivo na cidade que acababa de derrotar a unha civilización, a Etrusca, que en boa medida era parte do seu ser. Roma non era só a capital do Lacio, a zona central de Italia, viña de facerse dona dunha boa parte do norte da Península.

•       Os senadores, ese consello de anciáns, determinaraon escoller para gobernarse aos magistrati, cargos políticos e militares que tiñan unha duración limitada: 1 ano case todos eles, e eran cargos colexiados, é dicir, que o desempeñaban dúas ou máis persoas á vez.

•       Tamén repartiron os poderes nos distintos cargos dos maxistrados que non cobraban eran o cursus honorum.



O CURSUS HONORUM: A carreira política

•     Cargos CUM IMPERIUM. Os máis importantes e aos que se accedía despois de pasar polos outros de menor importancia) eran:

- Consules (político-militar)  Cargo que duraba 1 ano e eran sempre dous.

- Praetores (xudicial)

  Estes eran escollidos nos Comitia Centuriata (asemblea con maioría de patricios)

•       Os cargos SINE IMPERIUM son:

- Aediles (goberno do municipio)

- Quaestores (administración da facenda).

   Estes eran escollidos nos Comitia Tributa (asemblea com maioria plebeos)

•       Quen decidía quen podia votar?

Uns cargos especiais serían os Censores (que duraban 5 anos por ser os que nese período comprobaban os recursos económicos para elaborar o padrón de votantes nos comitia ou censo). Escollidos entre os ex-consules, é dicir, entre os patricios.



Para logo reparar en como evoluciona na Sociedade da Gens que conformaban os Patricios a lenta incorporación dos Plebeos. 

A LOITA POLA IGUALDADE ENTRE PATRICIOS E PLEBEOS

Loita pola equiparación de dereitos patricio-plebea. Ao pouco de proclamada a República os Plebeos inician unha longa carreira pola obteción de dereitos políticos dos que estaban exentos.

•       Comezou no ano 494 cunha Folga xeral. Os plebeos marchan ao monte Sacro ameazando aos patricios con segregarse de Roma. A cidade quedou colapsada e os patricios acordaron que os plebeos tivesen uns maxistrados propios os "tribuni plebis" con dereito a veto sobre calquera actuación do Senado e dos outros maxistrados que serían escollidos nos "concilia plebis", unha asemblea só de plebeos.Tampouco serían feitos escravos polo impago das débedas.

•        No 451 a reivindicación lévase ao terreo das leis, solicitan os plebeos que estas sexan escritas para evitar malas interpretacións que favorezan as irregularidades. O código de leis coñecido como "Lei das XII Táboas". Unha das leis inxustas era a de non poder casar entre patricios e plebeos, este dereito foi aprobado no 440.

Finalmente os plebeos mellor situados economicamente foron accedendo a cargos políticos tradicionalmente nas mans dos patricios. No ano 342 por vez primeira dous plebeos foron cónsules. A equiparación de dereitos estará plenamente conquerida no 287 a.C. cando o Senado recoñece forza de lei ás decisións das asambleas da plebe e mesmo admite que prevalezan sobre as súas decisións. Os patricios e os plebeos ricos vanse entender xa e situación das clases sociais en Roma está xa cambiando, o que vai derivar na segunda etapa da república, a da crise que coincide no tempo co comezo das conquistas romanas fóra de Italia, outro factor desestabilizador da sociedade da gens, esta que caracteriza tanto monarquía como á primeira etapa da República.

•       As dúas etapas nas que se adoita dividir a República Romana, que durou do 509 ata o 27 a.C., son:

- Loita pola equiparación de dereitos patricio-plebea (ata o 287 a.C)

- Crise da República a partir das Guerras Púnicas (264-146 a. C.) do século III-II a.C. OLLO: Comezo da expansión de Roma fóra de Italia coa que Roma cambiará de status cara á SOCIEDADE DOS SERVI






Ningún comentario:

Publicar un comentario