xoves, 24 de marzo de 2022

MATRIMONIUM nos tempos CAESAR

 Para rematar a semana, antes de rematar o mes da muller e recuperando a tradución dunha interesante lápida parlante romana que fixemos o 8 de marzo, abordamos a visión de xénero na época de Iulius Caesar:


A MULLER NO MATRIMONIO ROMANO É,  ANTE TODO,  UN VENTRE

Para quen é nobre e notable, contraer matrimonio en Roma equivale a unirse a outra familia influínte e nobre. Os pais organizan as vodas dos seus fillos, sen contar coa opinión dos interesados. A muller, ao casar pasa de estar supeditada á autoridade do seu pai a ficar baixo a do seu marido. O se cometido consiste en ser fértil e ocuparse dos labores da casa. Ao final da República Romana, mellora a situación da muller casada, que pasa a ser "independente" desde o punto d evista moral e económico. Nesta época, é moi frecuente que os romanos casen unha ou máis veces, repudien ou se divorcien, máxime nunha sociedade na que as alianzas e amizades adoitan durar pouco. 

Catón (un orador deste período) escribe a este respecto: "ë intolerable que se prostitúa a autoridade pública a través de alianzas matrimoniais e que se utilice ás mulleres para que uns cantos compadres se distribúan provincias, armas e poderes."

Tanto Pompeio  como César tiveron varias esposas: O primeiro casa con Iluia, filla do segundoe, á morte desta, Cesar pide a man da filla de Pompeio a cambio de entregarlle a súa sobriña neta en matrimonio; Pompeio rexeita o ofrecemento e casa coa viúva de Craso, un dos homes máis ricos de Roma e un dos seus mellores amigos.

O amor en Roma dá unha imaxe tal de depravación que cabería preguntarse se existe a fidelidade conxugal. En público, os romanos deben comportarse pudicamente: non podían bicarse. Pero en casa, o amo desquítase cos seus escravos, xa sexan homes ou mulleres. Os esposos a miúdo profesan indiferencia mútua, e cada un vive a súa vida, aínda que coidando de que non saia á luz ningún escándalo. En Roa, todo o mundo búrlase dos amoresde Pompeio, pois, reiteradamente xura que atopou a súa media laranxa, e amosase en público cal adolescente que vive o seu primeiro amor. Polo xeral, valórase máis o sexo que o amor.

                                                           (Do libro de Charlotte Bernard e Claudius: César y Roma) 

CUESTIONARIO:

1- Investiga sobre o Escándalo da BONA DEA

2- Relaciona o que neste texto de Charlotte Bernard co que se deduce do rol nda muller na lápida parlante de Claudia

Ningún comentario:

Publicar un comentario