domingo, 21 de febreiro de 2021

Perfectum (INDICATIVUS)

 Imos ir ampliando os tempos verbais do latín que coñecemos. Hoxe traballaremos o Perfectum que esixe de nós dúas novidades: 

- Unha raíz distinta ao dos tempos de Presente.

- Unhas desinencias específicas só para este tempo do Perfectum do modo Indicativo. Podes velas no cadro adxunto.


 Finalmente repasaremos o asunto da raíz de Perfecto

que na enunciación dun verbo atopamos na 4ª forma:

exemplo:

amo, -as,-are, amav-i   (raíz de perfecto amav-)

dico, .is, -ere, dix-i    (raíz de perfecto dix-)

Ningún comentario:

Publicar un comentario