luns, 22 de maio de 2023

DA SOCIEDADE DOS SERVI

 


Imos seguir coa Historia da antiga Roma procurando darlle resposta a unha pregunta complexa que nos faciamos o idus de marzo: Por que mataron a César?

Para responder temos que entender como a evolución da Roma Republicana cara ao Imperio, como consecuencia das Guerras Púnicas, que vai provocar unha crise do sistema de goberno que se pode resumir nos seguintes epígrafes:

- Guerras de Roma fóra da península itálica.

- Aumento de número de escravos e terras administradas por Roma

- Profesionalización do exército.

- Ambición persoal polo poder en lugar da loita política de partidos.

- Revoltas de escravos e  pobos aliados. 

- Guerra civil e asasinatos políticos. 

Na seguinte ligazón detallamos este proceso que nos leva ata o ano 44 a.C. 

O PASO DA SOCIEDADE DA GENS Á SOCIEDADE DOS SERVI: A CRISE DA REPÚBLICA

martes, 9 de maio de 2023

CUARTA E QUINTA DECLINACIÓNS

 

Son os temas ou raíces en -u.  Unha declinación moi semellante á segunda declinación ao presentar dúas columnas en singular (unha para masculinos e femininos e outra para os neutros) e outras dúas en plural.

exercitus, -us (m)
manus,-us (f)

cornu, -us(n): corno / á do exército.
genu.-us(n): xeonllo.





Temas ou raíces femininas en -e. Unha declinación defectiva (poucas
palabra se algunhas non presentan todas as formas de plural). Semellante á primeira declinación.

acies-ei (f): formación de batalla.
res- ei (f): asunto, cousa.
 Dies. -ei adoita ser masculino, pero pode ser tamén en feminino unha data fixada como por exemplo:

 Die constituta Caesar milites in aciem eduxit.
       CC             Sux.     OD        CC        Vbo.
No día establecido César conduciu aos soldados cara á formación de batalla.