Imos seguir coa Historia da antiga Roma procurando darlle resposta a unha pregunta complexa que nos faciamos o idus de marzo: Por que mataron a César?
Para responder temos que entender como a evolución da Roma Republicana cara ao Imperio, como consecuencia das Guerras Púnicas, que vai provocar unha crise do sistema de goberno que se pode resumir nos seguintes epígrafes:
- Guerras de Roma fóra da península itálica.
- Aumento de número de escravos e terras administradas por Roma
- Profesionalización do exército.
- Ambición persoal polo poder en lugar da loita política de partidos.
- Revoltas de escravos e pobos aliados.
- Guerra civil e asasinatos políticos.
Na seguinte ligazón detallamos este proceso que nos leva ata o ano 44 a.C.
O PASO DA SOCIEDADE DA GENS Á SOCIEDADE DOS SERVI: A CRISE DA REPÚBLICA
Ningún comentario:
Publicar un comentario