Imos entrar no Solsticio Sol stitium ( de sol e o verbo sto: "estar quedo, deterse": Sol estático, detido) que tivo de vello varias interpretacións de corte mitolóxico-relixiosas.
A festa dos Romanos estaba dedicada ao SOL INVICTUS que logo sería asumida e modificada pola do nacemento de Cristo, NATALIS, o NADAL, cando o Cristianismo foi relixión oficial, aínda así o Calendario medieval cargado de vellos elementos motolóxico-relixiosos doutras culturas indoeuropeas fará pervivir curiosos ritos que chegaron aos nosos días de distintas formas.
Reparemos logo na transcendencia desta data especialmente para esta parte Europea e Mediterránea do conxunto do planeta do ciclo das Trece Lúas...
Nós o primeiro de todo imos cantar un coñecido vilancico en latín: VENITE ADOREMUS
Ningún comentario:
Publicar un comentario