xoves, 6 de outubro de 2016

ITALIA


A ITALIA PENINSULAR
A península itálica ocupa un espazo central do Mediterráneo. A coñecida "bota" italiana ten uns 1000 km. de lonxitude de norte a sur e a súa anchura é de 150 km. aproximadamente. Está percorrida pola cadea montañosa dos Apeninos que se interpón entre ambas costas a do Mar Adriático e a do Mar Tirreno. Ao norte Italia queda pechada por un grande obstáculo montañoso O Alpes.

As rexións do norte denomínanse da Galia Cisalpina (o prefixo"cis" significa "deste lado, desta parte de acó" facendo referencia  aos Alpes)  por teren, como xa dixemos, poboacións e idiomas célticos. Aos seus pés esta a gran chaira do río Po.

Na zona central desta península atravesada polos Apeninos de norte a sur, como se fose unha espiña dorsal, atopámonos na parte occidental da cadea montañosa outro río, o Arno que rega a rexión denominada Etruria que desemboca no Mar Tirreno. Na metade da península por esta vertente discorre o río máis famoso de Italia, o río Tiber ( navegable no seu percorrido final) que baña as terras do Lacio onde nacerá Roma.  Seguindo esta costa occidental cara ao Sur está a rexión da Campania rica en cereal, onde se atopa o volcán  Vesubio que provocou a destrucción das cidades de Pompeia e Herculano.  Ata esta rexión chegaron as colonias gregas como constata Neapolis e aínda máis ao sur as rexións de Lucania e Bruccio (a punta do pé da bota),  Do lado oriental, cara ao mar Adriático,  na zona centro, Umbria e Piceno, e xa máis ao sur, Samnio e Apulia.

 As chairas italianas son moi fértiles: olivos, vide, cereais, Bosques da zona norte e central proporciona madeira e unha beleza paisaxística notable. Os romanos grazas ao seu solo fértil e ao clima foi máis sedentarios e campesiños que os gregos que foron ante todo mariñeiros e comerciantes ao ser o mar a súa vía de comunicación principal a causa da orografía montañosa. Pero os italianos  a raíz dun enfrontamento con Cartago comezarían a navegar polo que logo chamarían MARE NOSTRUM.

Roma, a capital actual, foi fundada nun lugar estratéxico do Lacio ao estar situada ao pé dun río, que a abastecía de auga e era navegable ata chegar ao mar. Estaba así protexida dos ataques por mar ao situarse a varios quilómetros da costa, aínda que á vez contou cun porto próximo denominado Ostia na desembocadoura do río Tiber. Un corredor de comunicacións terrestres cara ao sur e o norte aproveitaban o seu paso por esta cidade xa que unha illa de terra no medio do río xusto onde se fundou Roma, permitía vadear o río facilmente.


A ITALIA INSULAR
 Tres son as illas máis grandes que debemos coñecer Córcega, Cerdeña e Sicilia considerada un enorme graneiro, moi rica en trigo na antigüidade, tamén alberga un famoso volcán: o Etna. Das illas de menor dimensión son especialmente coñecidas Elba e Capri. E nas proximidades de Sicilia  son coñecidas pola súa actividade volcánica as illas que albergan os volcáns de Vulcano e Estrómboli.

QUAESTIONES:
1- Que cadea montañosa cres que frearía a expansión de Roma por Italia? razoa a resposta.
2- Outra cadea de montañas sería posteriormente un obstáculo que permanecería infranqueable polos romanos, cambiando o curso da historia no momento en que as franquearon. A que montañas nos referimos?
3- Sitúa no mapa os distintos volcáns citados no texto.
4- Explica coas túas palabras porque Roma estaba especialmente ben situada.
5- Sabes onde está Cartago, a capital dun dos maiores inimigos de Roma? Que cambio substancial provocaría para os costumes romanos implicaría a guerra con Cartago?


Ningún comentario:

Publicar un comentario