Velaí vén o san Antroido
coa facela cuberta
axuntaivos mozas todas
vámoslle facela festa.
Que é o Entroido e que relacións ten co mundo clásico é o que imos descubrir a partir das seguintes preguntas:
-Por que se chama así, ou cal é a orixe desta palabra?
- Cal é a orixe etimolóxica da palabra "carnaval"? Terá que ver coa expresión latina "carrus navalis" ou con estoutra "carnes tollendas"
Tamén chamado Antroido, Introido, Entruido, Entrudo, Entrudio (por ser a entrada á Cuaresma)
As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".
O entroido fai referencia a unha época de "carne", tomando o sentido literal da palabra. O Entroido quere significar, dende sempre, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As características comúns destes días son o comer, beber e cantar, rirse do máis sagrado, é dicir , as cousas que non se fan habitualmente.
En sentido relixioso trátase do triunfo de "don Carnal" sobre "dona Coresma", que reinará nos seguintes corenta días, ata a celebración do Xoves Santo. Pero o Entroido foi deixando pouco a pouco o seu sentido relixioso como festa preparatoria da Coresma para converterse nun acontecemento cheo de xolda e desenfreo.
As denominacións destas
festas na maior parte de Europa teñen este sentido orixinal: desde o
"Carne Vale" (Adeus á carne") ó "Introitum" co significado
de entrada á Coresma, todos os calificativos para o Entroido fan referencia a
que esta é unha época de carne (no sentido literal e no metafórico da Igrexa):
"Carnal" na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña,
"Carnestollendas" (de "carne" e "tolere",
"levar a carne"). Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en
Francia, "darrers dies" (de carne) en Baleares...
O entroido é desde sempre
a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o
cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar, o rirse do máis sagrado...
todas son características comúns destes días.
A festa recibe en galego
os nomes de entroido, antroido, intruido, entruido, entrudo e entroiro. Todos
estes vocábulos teñen a súa orixe no termo latino introitus, co significado de
"entrada ou comezo". Daquela, o étimo fai referencia a un significado
da festa como entrada ou comezo nunha nova estación -a primavera-,
independentemente de que a súa apropiación por parte do Cristianismo nos faga
pensar na entrada na Coresma -sendo preciso, polo tanto, despedirse da carne-.
No noso idioma é
admisible tamén a voz carnaval, con dous posibles étimos distintos. Para uns
este termo procede do vocábulo italiano carnevale, e este, á súa vez, da
expresión antiga carne levare -sacar a carne-. Para outros, a súa orixe está na
expresión latina carrus navalis, ou sexa, unha carroza decorada que
posiblemente saíse en desfile durante estas datas. Dunha ou doutra maneira, non
cabe dúbida de que calquera das dúas acepcións fai referencia a elementos
asociados ao carnaval actual.
Outras interpretacións:
Pero a finais do século
XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a Deusa
Celta das fabas e o toucino. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas,
dedicadas ao Deus Karna (que no Mahabharatá aparece como un ser humano, irmán
maior dos Pándavas, fillo do deus Sol e a raíña Kuntí). Algunhas persoas cren
que a palabra carnaval fai referencia a unha suposta antiga tradición pagá na
que se ofrecía carne ao deus Baal (carna-baal) nunha festa onde todo o vale.
ALGUNHAS CUESTIÓNS POR
RESPONDER:
-O Entroido é unha festa móbil, por que razón e en función de que se celebra cada ano nunha data distinta?
- Onde e como se facía uso da máscara no mundo clásico? Ten algo que ver coa orixe do teatro?
- En Roma como se celebraba o Entroido?
-Os entroidos tradicionais de Galicia, considerados entre os dez máis orixinais do mundo (podes consultar en vieiros da escola) que agocha, que ten de especial? Hai neles algo que lembre ás Lupercais romanas?
- Que orixe teñen os
"enterros da sardiña" e eventos semellantes?
Ningún comentario:
Publicar un comentario