HABEMUS CASOS!
A sección de INTRA MUROS podería e, se cadra, debería chamarse GRAMMATICI CERTANT porque está pensada para pelexar coa gramática do latín, especialmente coa sintaxe. Intra muros, de muros adentro será a sección do blog que contribuirá a explicar como funciona internamente o latín, é dicir, entendemos que toda lingua usa/constrúe unhas regras a modo de murallas das que se serve para funcionar e cohesionarse, manter o seu carácter e diferenciarse das outras. Para os que vimos doutra lingua estes muros poden parecer infranqueables, pero se nos colamos dentro, entendemos todo mellor.
O LATÍN LINGUA FLEXIVA. CONCEPTOS DE FLEXIÓN E
CASO.
Como puidestes comprobar no vídeo anterior as
terminacións dalgunhas palabras varían segundo o xénero, o número e a función
que realizan na oración.
O latín, como filla do indoeuropeo, é unha
lingua flexiva, usa a flexión, é dicir, os morfemas finais de palabras como os substantivos para
indicar a función sintáctica.
Ás diferentes formas que presentan as palabras
segundo a súa función chamámoslle casos.
Iulius
vir romanus est. Aemilia mater romana est.
Liberi sunt filii filiaeque. Iulius pater Iuliae est.
O CASO NOMINATIVO
Pois ben o latín usa o caso nominativo tanto
para expresar a función de suxeito como de atributo.
Como ben sabes, os verbos nas oracións teñen
moito que dicir, funcionan como motores das mesmas. Se te fixas nas oracións do
vídeo, todas elas están formadas por verbos chamados atributivos ou copulativos
como est, sunt (ser, estar, parecer...) que crean predicados nominais porque o
seu complemento natural é o atributo.
Marcus puer romanus est. Aemilia et Delia et Syria
feminae sunt.
SUX. ATRIB. Vbo. SUXEITO ATRIB. Vbo.
O CASO XENITIVO
O latín, ademais do nominativo, ten máis casos
para expresar distintas funcións sintácticas. O xenitivo serve para expresar a
función de complemento do nome (CN).
Iulius pater Marci est. Marcus
filius Aemiliae et Iulii est.
SUX. ATRIB
CN Vbo. SUX.
ATRIB. CN. Vbo.
Marcus et Quintus et Iulia sunt
liberi Iulii et Aemiliae.
SUX. Vbo. ATRIB.
CN.
QUAESTIONES: RESPONDE IN LINGUA LATINA
Quis Iulius est?
Quae Aemilia est?
Qui Marcus et Quintus sunt?
Estne puer Iulius?
Suntne viri Marcus et Quintus?
Estne Iulius puer?
Quis pater
Marci est?
Quae mater Marci est?
Quae mater Iuliae est?
Quae filia Iulii et Aemiliae est?
Qui filii Iulii et Aemiliae sunt?
Qui liberi Iulii et Aemiliae sunt?
Ningún comentario:
Publicar un comentario