luns, 12 de marzo de 2018

Feminismo en Roma?

Houbo un movemento feminista en Roma? Como era a vida da muller?

Despois de que xa reparamos no papel das mulleres no proceso da Fundación de Roma, é dicir, no período que Roma foi unha Monarquía ( Dido, Lavinia, Aca Larentia, as Sabinas, Lucrecia). Imos  analizar agora o rol feminino na Roma da República e o Imperio. Antes debemos lembrar algo que subliñabamos sobre a historia da antigüidade o curso pasado: O cambio da sociedade da gens á  sociedade dos servi, ou escravista, é proceso que en Roma se vai producir á altura do século II antes de Cristo coincidindo coas guerras Púnicas contra os Cartaxineses.

"BAIXO TUTELA DE POR VIDA"
Esta é a mellor forma de describir a situación da muller en Roma en poucas palabras. Lembremos que Roma ten un código de leis civís que servirá como base do dereito europeo onde a muller tiña un status claramente inferior ao home.

A cuestión do nome das mulleres fronte ao dos homes tamén é moi representativa.

A muller na antiga Roma 

Coñeceremos a mulleres como:

VIRGINIA, filla de Apio Claudio, un caso ben parecido ao de Lucrecia, a muller que acabou coa monarquía en Roma.
VETURIA
VOLUMNIA
CORNELIA, nai dos tribunos da plebe Tiberio e Sempronio Graco.
SEMPRONIA
MARCIA, esposa de Catón, do que se divorciou para casar con Hortensio.
CLODIA, amada por Catulo.
FULVIA

Un grupo de mulleres que coñecemos despois de mortas:
CLAUDIA
TURIA

As tres oradoras da época republicana:
AMAESIA SENTIA ou  (77 a.C.)

CAIA AFRANIA (60 a.C.)

HORTENSIA (42 a.C,)


Tamén será interesante saber algo da relación de certas mulleres con Iulius Caesar:
AURELIA, nai de César.

CALPURNIA, terceira esposa de César

CLEOPATRA, derradeira raíña do antigo Exipto e nai de Cesarión

CORNELIA, primeira esposa de César.

IULIA, filla de César con Cornelia.

POMPEIA, segunda esposa de César.

SERVILIA, unha das amantes de César

Deixaremos para unha segunda parte ás mulleres da época Imperial tras da morte de César como:
ACIA

OCTAVIA


Podes consultar algunha outra muller romana das que temos referencia en mulleres da antiga Roma.

luns, 26 de febreiro de 2018

REX ALBANORUM:

TEXTOS DE TRANSICIÓN (conteñen fundamentalmente palabras da 1ª,2ª e 3ª declinacións)

Magister historiam Romuli discipulis narravit:

" Rex Albanorum duos filios, Numitorem et Amulium habuit. Numitori regnum legavit, sed Amulius per dolum regnum obtinuit et filiam fratris Vestalem fecit.

Virgo, tamen, geminos edidit Romulum et Remum, dei Martis filios. Amulius, improbus, virginem in vincula coniecit et teneros parvulos abiecit in Tiberim qui forte tunc in campos proximos diffluebat. Sed pueros aqua, se recipiens ex agris, in sicco reliquit.
Lupa- tradunt- ad vagitum puerorum accurrit eosque ( et eos) materna diligentia lingua lambit et alit.

Decem et octo (duodeviginti) annis post, Romulus, avium volatu rex designatus, urbem exiguam condidit prope Tiberim fluvium quam ex nomine suo Romam vocavit."

1- Diferencia no texto palabras da 1ª e da 2ª das da 3ª a través das súas desinencias.
2- Traduce o texto procurando o significado das palabras
coa axuda do profesor.

OFFICIA ROMANORUM

domingo, 25 de febreiro de 2018

TERTIA DECLINATIO (III)


Unha serie de substantivos irregulares que simplemente imos visitar, pero que na meirande parte dos casos non precisamos memorizar.

senex, -is (m)
caro, carnis ( f)
Iupiter, Iovis (m)
iter, itineris (n)
vis, vis (ollo plural vires) (f)

luns, 19 de febreiro de 2018

TERTIA DECLINATIO (II)

Os temas en -i da terceira declinación tamén son chamados parisílabos:


QUAESTIONES:
1- Imos distinguir entre temas en consonante temas en -i na seguinte listas se substantivos da 3ª declinación:
canis, -is (m)
suavitas,-atis (f)
nubes, -is (f)
regio, -onis (f)
civis, -is (m)
imber, -bris (m)
navis, -is (f)
mare,-is (n)
2- Agora declinemos unha serie de temas parisílabos escolle tres, que un deles sexa neutro:

mércores, 14 de febreiro de 2018

INTROITUS


O Entroido era unha celebración precristiá que se celebraba de moi diversas formas e tamén diferentes datas, pero coa aparición do Cristianismo esta foise modelando e asociando aos días previos ou inmediatamente anteriores á celebración da Coresma, un período de xexún e reflexión.

Procuremos saber  nesta entrada como era aquel antigo Entroido e como evolucionou tras da aparición da Coresma.

Segundo parece os Romanos celebraban as Lupercais a mediados de febreiro, un ritual que ten moita relación cos nosos peliqueiros. Investiguemos sobre esta conexión entre o pasado de Roma e o presente de Galicia.


luns, 5 de febreiro de 2018

TERTIA DECLINATIO (I)


Na terceira declinación é a máis complexa das declinacións latinas porque por ela se declinan unha morea de raíces: Temas en consonante, temas en -i e os chamados temas mixtos. Ademais tamén hai un bo número de adxectivos que seguen esta declinación. 
Imos por partes comezamos cos temas ou raíces de susbtantivos que rematan en consonante:  





EXERCITIA

1- Imos identificar palabras da terceira declinación nun dicionario:

ager, agri (m)
aula, -ae (f)
bellum, -i (n)
dominus, -i (m)
caput, -itis (n)
hostis, -is (m)
legio,-onis (f)
mater, tris(f)
mulier-eris: (f)
pax, pacis:(f)
poeta ,-ae:(m)
tempus, -oris (n)
vir, -i: (m)

2- Agora imos diferenciar en temas en consonante (imparisílabas) e temas en -i (parisílabas)


3- Finalmente imos declinar os temas en consonante da lista de susbtantivos anterior:




domingo, 4 de febreiro de 2018

A RAÍZ DE PERFECTO: O PRETÉRITO EN LATÍN

O tempo de pasado trae consigo dúas peculiaridades: unha referida á raíz do verbos e outra ás desinencias no pretérito perfecto. Imos coñecelo en detalle  no seguinte enlace do Pretérito Perfecto.

Podes botarlle un ollo á enunciación dos verbos e aos seus tres temas na seguinte ilustración.