martes, 11 de decembro de 2018
O NACEMENTO DE ROMA
Imos saber como nace Roma, pero usando como fío condutor ás mulleres que se relacionan con este feito, mulleres que aínda que semelle que non foron transcendentais, o foron en realidade, aínda que os mitos e os relatos entre a historia e a lenda que se nos transmitiron, moitas veces (senón todas) foron escritos por homes cunha concepción claramente machista e nun mundo dominado polos homes. De aí que nós dende unha óptica moderna queiramos darlle unha voltiña ao asunto e ver se é posible contar as cousas de xeito distinto procurando recuperar o protagonismo que o pasado lle quitou ás mulleres.
I- A deusa Venus nai de Eneas e as mulleres do heroe troiano: Creusa, Dido e Lavinia.
II- Rea Silvia, nai de dous xemelgos co deus Marte.
III- Luperca, unha muller ou unha loba?
IV- Roma, nome de muller e as mulleres que posibilitaron a súa creación: Tarpeia, a traidora e Hersila, posiblemente a primeira raíña sabina de Roma.
V- Lucrecia, a muller que fixo caer a monarquía en Roma.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario