NUMERARE DIGITI MANUS. Os dedos da man, como moitos de nós fixemos
de pequenos, serviron aos romanos para estilizalos e dar lugar aos famosos
números I, II, III e tamén IIII que
normalmente escribían así e non tanto IV.
A man aberta (catro dedos
unidos e o pulgar separado) disque dá lugar ao cinco: V.
Os números restantes
proceden de letras do alfabeto grego que os romanos non usaban.
O número
10= X procede da letra grega "khi" son que non había
en latín.
A letra grega Ψ"psi"
foise volvendo angulosa e perdeu o trazo esquerdo ata aparecer como L=
50.
O Θ"theta"
grego foise abrindo e perdendo o guión central ata seren C =
100.
O D =
500deriva da metade da letra Φ"phi" que se
foi abrindo ata chegar a seren un M = 1000.
Outras regras/ Os números romanos:
-
Lense de esquerda a dereita e de maior a menor. MDXIII. = 1513
-
Un símbolo seguido doutro de igual valor: suma. MM = 2000
-
Un símbolo de valor menor á esquerda doutro: resta. CM= 900
-
Os símbolos V. L, D sempre suman. Nunca poden estar á esquerda dun de
maior valor para restarse.
-
Os símbolos I, X, C , M poden repetirse ata 3 veces (sempre suman e o
IIII tamén pode aparecer) - Só se pode restar unha vez.
-
Os símbolos V, L, D non poden repetirse.
- Só se pode restar:
- I pódese
restar a V e X
- X pódese
restar a L e C
- C pódese
restar a D e M
O Xénero dos números
Non todos os números teñen un xénero definido,
pero os tres primeiros si.
Unus,-a,-um.
claro está, é sempre singular. E dous (duo, -ae, -o) e tres (tres, tria), etc... son plurais.
Unus, una, unum /
masculino unus lupus, feminino:
una insula, neutro: unum oppidum
Duo lupi (masculino) duae insulae (feminino), duo oppida (neutro)
Tres lupi aut insulae, tria oppida
A partir do catro só presenta os numerais unha
única forma:
OLLO!
Fíxate a diferenza co noso idioma no
18 – duodeviginti e 19 –
undeviginti
LITTERAE
Actividades
1- Observando a ilustración elabora un alfabeto latino, o que usaban os textos da Antiga ROMA.
2- Que diferenzas existen co que usamos hoxe nós en galego ou castelán? Para responder podes ver os seguintes vídeos que che axudarán a responder correctamente:
Procuramos un lema deste curso que atopamos en latín no mesmo escudo do concello de Marín. Imos falar da ría e o o noso mar, imos falar da nosa historia, tamén de cando Xulio César pasou por estas terras con afán de conquista. Feitos que nos van definindo e que teñen as súas pegadas no Marín de hoxe, no día a día.
1- Intenta unha tradución ao galego do lema do curso:
2- Fíxate na palabra FORTUNA porque é substancial para poder interpretar o que nos quere transmitir. Procura varios sinónimos desta palabra e comprobarás que poden ser ben diferentes uns doutros e polo tanto disntintas as interpretacións do que queremos traducir.
3- Fortuna é unha palabra que vén doutra palabra latina fors: (adverbio) quizás/ fors: (substabntivo feminino) sorte, azar, casualidade... O significado un tanto ambigüo da palabra leva a calificar a palabra como variable, boa ou mala fortuna, lévanos a unha incertidume. Un tópico literario ben antigo que subliña esa ambigüidade: Fortuna mutabile Intenta explicar ti agora este tópico coas túas palabras.
4- Observa agora estes versos medievais qu efalan da fortuna mutabile: Intenta unha tradución e a súa interpretación:
O Fortuna
velut luna
statu variabilis,
semper crescis
aut decrescis;
5_FABULARE:
SALVE, AVE aut AVETE et VALE aut VALETE
- Ola: Salve, ave (singularis) aut avete
(pluralis)
- Adeus: vale (singularis) aut valete (pluralis)
-
Por favor: quaeso
-
Douche as grazas: gratias tibi ago
-
De nada: nihil est
-
Si: ita, certe
-
Non: non
-
Ben, de acordo: bene
-
Como estás/ estades?: Quomodo vales / valetis?
-
Estou ben/mal: Ego sum bene /
male
-
Estamos moi ben / fatal: Nos
sumus optime/ pessime
QUID NOMEN TIBI EST?
•
Como te chamas?: quid nomen tibi est?
• O
meu nome é…: mihi nomen est…
* Ti es un mozo ou unha moza? Esne tu puer an puella?
•
Onde vives?: Ubi tu habitas?
•
Vivo en …: Ego in villā Marini habito
•
Onde estudas?: Ubi tu studes?
•
Estudo en …: Ego in Sancto Narciso studeo
• O
meu mestre/a é…: Meus magister/ mea magistra est …
•
Eu son alumno/a: Ego discipulus/ discipula sum.
•
Nós somos alumnos/as: Nos discipuli / discipulae sumus
•
Eu son un mozo/ moza: Ego sum
puer/puella
•
Nós somos mozos/ mozas: Nos pueri / puellae sumus
•
Ti es o meu amigo / a miña amiga: Tu meus amicus/ mea amica
es
•
Vos sodes meus amigos: Vos mei amici / meae amicae estis