NOMIMA ANTIQUA ITALIAE
Moito antes de que Roma existira o territorio de Italia era coñecido polos antigos navegantes e colonizadores gregos. estes viaxeiros do Mediterráneo oriental chamaban á peninsula Hesperia, que significa "terra do poñente ou do Oeste". Segundo a mitoloxía era tamén a "terra de Saturno" Saturia. O deus Saturno, ao que os gregos chamaban Cronos, tras ser derrotado por Zeus (Xúpiter), instalouse no Latium, a rexión central de Italia. Aínda que tamén por un relato relacionado con Ulises, o heroe da Odisea, Italia podía ser denominada Ausonia, topónimo derivado do viaxeiro Ausón, un posible fillo de Odiseo coa ninfa Calipso. Por último, hai algún autor grego que a chamaba pola súa parte meridional Enotria, "terra do viño".
O nome de Italia procede dun personaxe tamén derivado da famosa obra de Homero xa citada. Un tal Italo viría sendo neto de Ulises, pois Italo era fillo de Telégono que a maga Circe dera á luz, tras unha das máis coñecidas aventuras do rei de Ítaca. Italo foi o primeiro rei dos enotrios e dos sículos.
Hai quen di que Italia significa "terra de xatos" relacionado coa palabra latina vitulus "xato, cuxo" que é como se coñecía inicialmente á parte sur da península e logo a todo o seu territorio.
LINGUAE ITALIAE ANTIQUAE
Tras da entrada das tribos indoeuropeas na península de Italia que se instalan na zona central ( latinos, oscos, umbros...) atopamos tamén máis ao norte certas linguas doutra tribo indoeuropea, a celta (gálico, véneto...) ademais dun pobo cunha lingua de orixe descoñecida: os etruscos, e ao sur instaladas diversas colonias gregas.logo Italia era nun principio unha terra chea de linguas ata que dende o Lacio e dende a súa nova capital: Roma se foi impoñendo o seu idioma lentamente sobre o resto do territorio e, pouco máis tarde, sobre todo un imperio, o imperio romano como xa sabedes. Chegou así o Latín dende Britania e Fisterra ata Syria e Exipto onde conviviu de xeitos ben diversos con outras moitas linguas, onde foi falado e escrito en gran parte daquel imperio ata moito despois da caída do propio imperio. Hoxe hai unha gran parte de linguas europeas que derivan do latín, son as denominadas románicas ou latinas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario