xoves, 6 de outubro de 2016

ITALIA




A ITALIA PENINSULAR
A península itálica ocupa un espazo central do Mediterráneo. A coñecida "bota" italiana ten uns 1000 km. de lonxitude de norte a sur e a súa anchura é de 150 km. aproximadamente. Está percorrida pola cadea montañosa dos Apeninos que se interpón entre ambas costas a do Mar Adriático e a do Mar Tirreno. Ao norte Italia queda pechada por un grande obstáculo montañoso Os Alpes. Este sistema montañoso sería franqueado Hannibal, xefe cartaxinés inimigo de Roma nun momento crucial da historia do Imperio que os romanos ían conformar a partir dese acontecemento.  

As rexións do norte denomínanse da Galia Cisalpina (o prefixo"cis" significa "deste lado, desta parte de acó" facendo referencia  aos Alpes)  por teren, como xa dixemos, poboacións e idiomas célticos. Aos seus pés esta a gran chaira do río Po. 

Na zona central desta península atravesada polos Apeninos de norte a sur, como se fose unha espiña dorsal, atopámonos na parte occidental da cadea montañosa outro río, o Arno que rega a rexión denominada Etruria que desemboca no Mar Tirreno. Na metade da península por esta vertente discorre o río máis famoso de Italia, o río Tiber ( navegable no seu percorrido final) que baña as terras do Lacio onde nacerá Roma.  Seguindo esta costa occidental cara ao Sur está a rexión da Campania rica en cereal, onde se atopa o volcán  Vesubio que provocou a destrucción das cidades de Pompeia e Herculano.  Ata esta rexión chegaron as colonias gregas como constata Neapolis e aínda máis ao sur as rexións de Lucania e Bruccio (a punta do pé da bota),  Do lado oriental, cara ao mar Adriático,  na zona centro, Umbria e Piceno, e xa máis ao sur, Samnio e Apulia.

 As chairas italianas son moi fértiles: olivos, vide, cereais, Bosques da zona norte e central proporciona madeira e unha beleza paisaxística notable. Os romanos grazas ao seu solo fértil e ao clima foi máis sedentarios e campesiños que os gregos que foron ante todo mariñeiros e comerciantes ao ser o mar a súa vía de comunicación principal a causa da orografía montañosa. Pero os italianos a raíz dun enfrontamento con Cartago (situado na costa africana máis próxima á península italiana) comezarían a navegar polo que logo chamarían MARE NOSTRUM.

Roma, a capital actual, foi fundada nun lugar estratéxico do Lacio ao estar situada ao pé dun río, que a abastecía de auga e era navegable ata chegar ao mar. Estaba así protexida dos ataques por mar ao situarse a varios quilómetros da costa, aínda que á vez contou cun porto próximo denominado Ostia na desembocadoura do río Tiber. Un corredor de comunicacións terrestres cara ao sur e o norte aproveitaban o seu paso por esta cidade xa que unha illa de terra no medio do río xusto onde se fundou Roma, permitía vadear o río facilmente.


A ITALIA INSULAR
 Tres son as illas máis grandes que debemos coñecer Córcega, Cerdeña e Sicilia considerada un enorme graneiro, moi rica en trigo na antigüidade, tamén alberga un famoso volcán: o Etna. Das illas de menor dimensión son especialmente coñecidas Elba e Capri. E nas proximidades de Sicilia  son coñecidas pola súa actividade volcánica as illas que albergan os volcáns de Vulcano e Estrómboli.

QUAESTIONES:
1- Que cadea montañosa cres que frearía a expansión de Roma por Italia? Razoa a resposta.
2- Outra cadea de montañas sería posteriormente un obstáculo que permanecería infranqueable polos romanos, cambiando o curso da historia no momento en que as franquearon. A que montañas nos referimos?
3- Sitúa no mapa os distintos volcáns citados no texto.
4- Explica coas túas palabras porque Roma estaba especialmente ben situada.
5- Sabes onde está Cartago, a capital dun dos maiores inimigos de Roma? Que cambio substancial provocaría para os costumes romanos a guerra con Cartago?


Ningún comentario:

Publicar un comentario