GRAMÁTICA:
Repaso: 1ª e 2ª declinación: Adxectivos
Verbos:
Imperativo:
Pretérito ou perfecto.
Repaso: Presente, imperfecto e repaso do futuro.
CULTURA:
A FUNDACIÓN DE ROMA E A MONARQUÍA
As mulleres na fundación de Roma
ROMA QUADRATA
GRAMÁTICA:
Repaso: 1ª e 2ª declinación: Adxectivos
Verbos:
Imperativo:
Pretérito ou perfecto.
Repaso: Presente, imperfecto e repaso do futuro.
CULTURA:
A FUNDACIÓN DE ROMA E A MONARQUÍA
As mulleres na fundación de Roma
ROMA QUADRATA
Rómulo e Remo:
Horacios e Curiacios.... e Camila
Lembrando o que vimos o curso pasado ao respecto:
Imos darlle unha voltiña, tras falar do nacemento, a unha segunda etapa da vida, a da infancia. Como era a vida dos nenos e das nenas en Roma, nunha cidade romana ou romanizada? Que facían? Como pasaban o tempo? Para responder primeiro deberás traducir:
Imos traballar agora con varios textos en latín, pero que teñen diversas formas:
Na antigüidade había dous lugares para comunicarse coas
divinidades:
O primeiro era o fanum, un lugar
sen construcción, un espazo natural máxico onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) . Logo debemos interpretar por exemplo que mellor que culto ás árbores sería culto nas árbores! Entedemos que alí onde se manifestaban os deuses, deixábanse as ofrendas para lograr un voto ou petición a cambio.
O segundo lugar foi o templum, que era xa unha edificación feita polos humanos para un deus; por
iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas máis antigas que o edificio e asociadas a ese
novo espazo acondicionado para o culto.
A ÁRBORE DE NADAL unha árbore perenne (de per annum) cargada de símbolos. Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol invictus, pero tamén a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, neste caso simbolizados nos agasallos e outros adornos que colocamos. Con este costume levamos o fanum ou o templum ás nosas casas.
In alto regnas monte
O, abies, O, abies!
In alto monte regnas!
Non desunt tibi fólia
hieme frigidíssima!
O, abies, O, abies!
in alto monte regnas.
O, abies, O, abies !
Natalem nuntias Diem
O, abies, O, abies!
in alto regnas monte
Est máxima laetitia
Cum luces, arbor spléndida
O, abies, O, abies !
Natálem nuntias Diem.
Puer natus in Bethlehem. Alleluia
unde gaudet Hierusalem. Alleluia, alleluia
In cordis iubilo Christum natum adoremus
cum novo cantico.
Assumpsit carnem Filius. Alleluia
Dei Patris Altissimus. Alleluia, alleluia
In cordis iubilo Christum natum adoremus
cum novo cantico.
In hoc natali gaudio. Alleluia
benedicamus Domino. Alleluia, alleluia
In cordis iubilo Christum natum adoremus
cum novo cantico.
Laudetur Sancta Trinitas. Alleluia
Deo dicamus gratias. Alleluia, alleluia
In cordis iubilo Christum natum adoremus
cum novo cantico.
Imos entrar no Solsticio Sol stitium ( de sol e o verbo sto: "estar quedo, deterse": Sol estático, detido) que tivo de vello varias interpretacións de corte mitolóxico-relixiosas.
A festa dos Romanos estaba dedicada ao SOL INVICTUS que logo sería asumida e modificada pola do nacemento de Cristo, NATALIS, o NADAL, cando o Cristianismo foi relixión oficial, aínda así o Calendario medieval cargado de vellos elementos motolóxico-relixiosos doutras culturas indoeuropeas fará pervivir curiosos ritos que chegaron aos nosos días de distintas formas.
Reparemos logo na transcendencia desta data especialmente para esta parte Europea e Mediterránea do conxunto do planeta do ciclo das Trece Lúas...
Nós o primeiro de todo imos cantar un coñecido vilancico en latín: VENITE ADOREMUS