Aproveitando o cambio do ano imos comezar a analizar os meses e o cómputo do tempo en Roma ata entender o complexo mecanismo do calendario que herdamos dos romanos. O primeiro paso será coñecer o deus plenamente romano (non ten nada de grego) que dá nome a o mes no que estamos: Xaneiro.
O deus Ianus, é o deus das portas, das dúas caras para os romanos deus do principio e do fin. Aínda que o mes de xaneiro inicialmente non era o primeiro do calendario como xa estudaremos no mes de marzo.
Investiguemos que ritos estaban asociados a este deus Ianus do comezo e do fin, é dicir Ianus Patusius (o que abre) e Ianus Clausius (o que pecha). Se cadra nós, se observas a representación da fotografía, deberiamos colocalos ao revés tendo en conta que na actualidade o primeiro debería representar o ano vello e outro o aninovo. Pero lembra que xaneiro foi durante moito tempo para os romanos o mes undécimo do calendario, polo que estaría ben o rostro do deus máis novo primeiro e logo a cara máis vella.
INVESTIGATIO: Que rituais se realizaban arredor deste deus romano Ianus?
Que relación garda co símbolo
QUAESTIONES: Como estamos falando do tempo imos volver a vista cara atrás para repasar algo de gramática, relacionado co que vimos a semana pasada (as raíces dos verbos) e á vez aprender algo novo o tempo de PERFECTUM INDICATIVUS
Ningún comentario:
Publicar un comentario